RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Presentación da camiseta para o partido Xuntos con Galicia

O capitán do Deportivo, Fran, asistirá este xoves, ás 13:15 horas, en San Caetano (Santiago de Compostela) á presentación da camiseta que o combinado Deportivo - Celta lucirá no encontro Xuntos con Galicia que se disputará o próximo 15 de abril, ás 21 hor

A saída de ambos os equipos cara a Madrid será conxunta, o mesmo día do partido, desde o aeroporto de Lavacolla. En Madrid, o hotel de aloxamento será o Hesperia. O regreso será ao día seguinte, á primeira hora, aos aeroportos da Coruña e Vigo respectivamente. O mesmo día do amigable polos damnificados do Prestige haberá unha rolda de prensa no Hotel Hesperia, ás 13:30 horas, dos adestradores e xogadores do tres clubs participantes no acto Xuntos con Galicia.
A camiseta do combinado galego será verde, cos escudos de Deportivo e Celta. O pantalón será negro. A Fundación ARAO abriu unha conta específica para o devandito partido en Caixa Galicia: 20910300483040140768. As entradas custarán 100, 60, 10, 6 e 3 euros e para a súa venda están xa habilitadas despachos de billetes no Estadio Santiago Bernabéu.