Esta tarde a Deportienda rexistrou un cheo absoluto na presentación dos novos equipamentos para a tempada 2004/2005. A nova camiseta ten un deseño exclusivo e dipone dunha numeración oficial que só pode ser adquirida na Deportienda.
Como principais novidades do equipamento figuran a numeración da mesma, que é exclusiva e oficial do Real Club Deportivo da Coruña co escudo impreso nos díxitos.
Valerón, Tristán e Luque luciron os novos equipamentos, pousaron para a prensa gráfica e atenderon as peticións de autógrafos dos afeccionados que encheron a Deportienda para asistir á presentación.