Esperanza Pizarro está concentrada coa selección de Uruguai para disputar dous partidos amigables fronte a Ecuador.
Ambos os encontros servirán de preparación para as eliminatorias de clasificación para o Campionato do Mundo de 2027 do mes de abril ante Perú, Bolivia e Chile.
O primeiro deles será este mércores 4 de marzo ás 17:00 (21:00 en Galicia) no Estadio Chubb Area de Quito.
O calendario de partidos de Espe Pizarro nesta xanela FIFA é o seguinte:
Mércores 4 de marzo
17:00 (hora local, 21:00 hora galega): ECUADOR - URUGUAI, no Estadio Chubb Area de Quito
Sábado 7 de marzo
14:15 (hora local, 18:15 hora galega): ECUADOR - URUGUAI, no Estadio Chubb Area de Quito
Espe Pizarro, na súa primeira temporada no Dépor ABANCA, leva até a data 10 partidos xogados en Liga F, 9 deles como titular, con 5 goles.
