RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Promoción Abonos Dépor ADN Branquiazul (Sub-15) até final de temporada

Ilusión, amizade, futuro, alegría, espectáculo, deporte, fútbol... Deportivismo en estado puro foi o que viviron centos de nenas e nenos o pasado mércores 9 en ABANCA-RIAZOR no partido da UEFA Youth League. Para que poidan seguir gozando de todo iso cos partidos do Deportivo, do Dépor ABANCA e de #ANosaCanteira, o RC Deportivo saca unha promoción de abonos ADN Branquiazul (Sub-15) para todos os encontros do que resta de temporada con prezos que van dos 30 aos 80 euros en función da bancada. Por pouco máis de 3 euros por partido en #ANosaCasa, o Deportivismo máis novo, o do futuro, ao que queda #MoitoPorVivir, pode gozar do emocionante desenlace desta temporada para #OsNosos e #AsNosas.

Os abonos ADN Branquiazul (Sub-15) poden tramitarse na Oficina de Atención ao Deportivista do Estadio ABANCA-RIAZOR (avenida de La Habana, s/n) de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h.

Considérase ADN Branquiazul a todas aquelas persoas socias nadas despois do 01/01/2006 (inclusive). O abono deberá ir sempre vinculado ao dunha persoa socia maior de idade. No momento de alta dun carné de ADN Branquiazul entregarase a asinar un documento á persoa socia maior de idade responsabilizándose da súa correcta utilización durante a Temporada. O documento está dispoñible para a súa descarga aquí

A utilización do carné por persoas maiores de 15 anos será motivo de retirada do mesmo, que só poderá ser recuperado, por parte do adulto responsable do menor titular (I) abonando o prezo da entrada de público fixado para o devandito partido no que foi retirado na bancada correspondente, se esta fose a primeira vez que se retira ou (II) abonando a diferenza entre o prezo bonificado e o prezo sen desconto da bancada do devandito carné se o mal uso reiterásese.