Finalizado o partido no Estadio Reina Sofía ante Unionistas de Salamanca CF, o Deportivo regresa por estrada á Coruña.
Óscar Cano citou de novo aos seus futbolistas mañá domingo 2 de abril en Abegondo para unha nova sesión de traballo a partir das 11:30 horas.
Haberá recuperación para os titulares esta tarde e traballo intensivo para o resto do cadro.
A próxima cita no grupo 1º de Primera Federación será o sábado 8 de abril ás 19:00 horas en ABANCA-RIAZOR (TVG-2 e InSports.tv) ante o CF Fuenlabrada.