RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Raúl: Somos moitos canteiráns porque o Club está a facer ben as cousas

Un coruñés de Catro Camiños, Raúl García Carneiro, podría ser titular o próximo domingo en Riazor ao cinco da tarde ante o Real Racing Club. A piques de cumprir 21 añvos, está a piques de cumprir un

Raúl defínese como un lateral zurdo ao que lle gusta correr a banda. "Son dos que tende a subir con frecuencia e chegar ata a liña de fondo para centrar", apunta. En defensa, por contra, di ser máis cauto: "Prefiro aguantar ao rival e esperar a que me cheguen as axudas dos compañeiros".

Cre que a presenza de tantos canteiráns no primeiro equipo (Manu, Laure, Lassad, Iván Pérez, Rochela, Juan Domínguez, Adrián López "Piscu", Seoane...) vén "porque o Club está a facer ben as cousas coa canteira". Advirte ademais que o vestiario deportivista está "con moitas ganas de lograr o tres puntos o"domingo .

Sobre a posible ausencia de Canles, a estrela do Racing, por lesión, Raúl prefire que a cántabra viaxe á Coruña: "Xa nos enfrontamos varias veces en xuvenís e eu prefiro que xogue. Se non, deséxolle que se recupere canto antes porque é un gran xogador".

Asegura estar moi tranquilo, aínda que "non se como estarei a medida que se achegue o partido". Conta que o pasado domingo se puxo nervioso quentando na banda do Vicente Calderón e que logo, "unha vez que saltei ao campo, xa se me pasaron os nervios. Cando estás aí tentas facer as cousas o mellor posible e esquécesche do resto". quedará Raúl a camiseta do debut, aínda que a seguinte xa ten destinatario: o seu avó.

Esta tempada, Raúl leva 25 partidos como titular no Fabril de Terceira División. En 6 máis actuou como suplente. Anotou un gol, ante o Céltiga.