RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Real Madrid - Deportivo, final da Copa do Rei

Deportivo e Real Madrid disputarán o próximo 6 de marzo, no Santiago Bernabeu, a final da Copa do Rei. O Real Madrid xogará no seu estadio, pero o Deportivo regresa ao escenario no que conseguiu a súa primeira Copa.

Os socios do Deportivo terán prioridade á hora de comprar entradas para este histórico encontro. Esta é, de momento, a única decisión que tomou o club en relación a este tema posto que a Federación Española, organizadora do trofeo, é a que debe dar os primeiros pasos unha vez que xa se coñecen os dous finalistas.