RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Recreativo 1-Deportivo 0. Eusebio Ríos gañou a partida

O que tempadas máis tarde sería adestrador do R.C.D. Eusebio Ríos, gañáralle a partida a Héctor Rial ao caer derrotados os deportivistas por 1-0 contra o Recreativo. Fora a primeira derrota da tempada fóra de casa, pero algúns xa presaxiaban que serían mo

Ao catro minutos de partido marcáronlle o único gol
PRIMEIRA DERROTA DO DEPORTIVO NA PRESENTE LIGA

DEPORTIVO: Buyo; Pardo, Piris, Belló (Vituco); Ballesta, Albino; Piño, García, Merlo, Castro (Núñez) e Pousada.

-O gol.
1-0; Minuto catro. Alcorta xoga moi ben un balón pola banda dereita, enviou un centro moi preciso sobre a cabeza de Rivero, que remata a porta e rexeita de puños o gardameta coruñés, chegando o balón a Lapi, que viña lanzado e empalmó ao fondo das redes.

-Mellorou o Huelva.
Gustou máis que en partidos anteriores o Recreativo de Huelva. Pero en verdade hai dúas cousas que habemos de aclarar: a unha, que non era tan fero o león como o pintaban; para ser máis claros, que o Coruña non foi máis que un equipo moi cortito de xogo que se conformou cun empate e que inquietou bastante pouco a meta de Alonso (...). A outra, que o Recreativo segue sen demostrar eficacia de face ao marco contrario.

E é que unha vez máis o Recreativo foi un equipo que en moitos momentos dominou a situación e chegou con facilidade á área contraria, pero chegado este momento pare vostede de contar. O Deportivo permitiu na primeira parte ese dominio onubense e cometendo o grave erro de non prestar a debida atención aos extremos Lapi e Martín (...).

No segundo tempo, os primeiros minutos foron un calco da primeira parte, e pasada este refacho normalizouse a situación, e aínda que seguiu dominando o equipo de casa, novamente o Coruña organizou os seus contragolpes e aos poucos foi apropiándose da zona ancha, visitando entón frecuente e perigosamente os dominios da meta onubense.