RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Renova o teu carné do Dépor as 24 horas do día en abonos.canaldeportivo.com

Unha vez pechada a Oficina de Atención ao Deportivista ata o próximo luns debido á festividade do Día de Galicia que se celebra mañana, a través de abonos.canaldeportivo.com pódese realizar, en calquera momento do fin de

Todos os carnés sen bonificación, Sub-25, Maior de 65 e Socio Amigo poden renovarse a través de abonos.canaldeportivo.com . Para renovacións de carnés con cambio de asento ou localidade, carnés bonificados por situación de Desemprego ou ADN Branquiazul o socio debe dirixirse á Oficina de Atención ao Deportivista do Estadio de Riazor (Paseo da Habana S/N) en horario de luns a venres 10:00 a 20:00 e sábados de 10:30 a 13:30. Para as renovacións on-line, o carné deberá recollerse na Deportienda (Estadio de Riazor. C/ Manuel Murguía S/N en horario de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 horas de luns a sábado e para recoller o carné de abonado deberá acreditarse a identidade do titular mediante DNI ou carné da pasada tempada. 
 
Outra opción é recibilo mediante servizo de mensaxería con entrega a domicilio 72 horas despois da xestión, a portes debidos. Para iso é imprescindible remitir un correo electrónico a envio.abonos@canaldeportivo.com indicando nome, apelidos, dirección de envío, código postal, poboación e teléfono de contacto. Prezo do envío: Rexional (5,45 € IVE Incluído), Nacional (excepto illas) (7,26 € IVE incluído).