RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

Hoxe domingo 19 xogáronse dous partidos na Cidade Deportiva. O Xuvenil B, en plena loita polo liderado da liga Nacional, dobregou (3-0) ao CD Choco; e o Infantil ao Cidade de Ribeira CF (8-1).

Tamén competiron en casa o Orzán SD Xuvenil Feminino na Primeira Autonómica, na Torre ante o Tomiño FC Feminino (6-2); e o Orzán SD Cadete B Feminino na Segunda Autonómica, en Elviña Grande ante o Galicia Caranza (0-0).

Como visitante o San Tirso SD Infantil venceu (0-2) en San Pedro de Visma 2 ao Ural Español CF e colle aire na clasificación da División de Honra.

Onte sábado o partido estrela en #ANOSACANTEIRA foi o derbi coruñés na Cidade Deportiva entre o Fabril e o Atlético Arteixo. Os de Óscar Gilsanz venceron cun gol no minuto 90 de Davo que sostén ao filial no liderado de Terceira RFEF.

Tamén en Abegondo, o Xuvenil A mediuse ao Real Oviedo, un dos equipos da zona alta da clasificación. Os pupilos de Manuel Pablo adiantáronse no marcador pero os asturianos lograron a igualada (1-1), resultado co que acabou o partido. No conxunto deportivista causou baixa o meta Xavi Fernández, convocado pola selección de Guatemala sub-20 para unha concentración de preparación que terá lugar desde esta fin de semana ao 29 deste mes de marzo. Durante eses días, está previsto que o equipo nacional guatemalteco que dirixe Rafael Laredo dispute varios partidos amigables.

Fóra de casa, o Deportivo ABANCA B visitou ao Olímpico de León e caeu derrotado cun gol de penalti no minuto 93. Kevin Cabado tivo moitas baixas por lesión: Noela, Paula Novo, Andrea Ansede, Reigosa e Abril Pazos. Tampouco estiveron dispoñibles Paula Monteagudo, citada polo primeiro equipo; e Elena Vázquez, que disputou en Serbia coa selección española sub-17 a Rolda 2, xa definitiva, de clasificación para o Campionato de Europa. Dinamarca, Serbia e Bielorrusia foron os rivais. O campión deste grupo accedeu á Fase Final do Europeo, que se xogará en Estonia do 14 ao 26 de maio. Onte sábado foi o último partido para a canteirá deportivista nesta Fase de Clasificación fronte a Dinamarca. Participou no triunfo español (3-1) ante as danesas, rivais directas, e logrou o pase ao Campionato de Europa.

Tamén competiron fóra, ademais do Alevín A e os dous equipos benxamíns na Torre, o Cadete en Viveiro (2-5) e o San Tirso SD Cadete na Grela 1 (2-1) fronte ao Ural Español CF.

Os cadetes branquiazuis Anxo Regueiro, Lucas Castro, Pablo García, Nico Ruiz, Rubén Fernández e Samuel Fernández disputaron un partido amigable o pasado mércores no campo do Urdilde (Rois) fronte á SD Compostela de División de Honra xuvenil. A esta convocatoria houbo que sumar a Iker Fernandez, do San Tirso SD Cadete. O obxectivo para Galicia foi o de preparar o Campionato de España que se xogará na Comunidade Valenciana do 31 de marzo ao 2 de abril. E no Alevín A, Iker Obeso, Antón Vilariño, Thiago Montes e Brais Taín estiveron citados o pasado mércores para un adestramento en Rois da selección galega sub-12.

Esta semana tocoulle descanso ao Alevín no Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11; ao Orzán SD Infantil Feminino na Fase polo Título da liga Galega; e ao Orzán SD Cadete Feminino, campión do subgrupo A de a liga Galega e á espera do calendario da Fase Final polo título.

As orzanistas Emma Gandoy e Valentina Millón participaron coa selección galega sub-15 nun adestramento o xoves 16 no campo da Braña en Rois.

Un amigable do Fabril FC Benxamín o pasado martes na Cidade Deportiva contra a Compañía de María A, equipo que milita no subgrupo 1º da Segunda A Coruña - As Mariñas, foi a primeira cita esta semana para #ANOSACANTEIRA. O equipo de Alberto Bonigno impúxose (10-5) despois dun bonito partido no que o resultado é o de menos.

A xornada ligueira arrincou o pasado xoves 16 de marzo co partido en O Monte entre o San Tirso SD e o Fabril FC Alevín, correspondente á 17ª xornada no subgrupo 2º de Primeira A Coruña - As Mariñas de fútbol 8. Venceron os fabrilistas (4-6) nun bonito partido con moito acerto nas dúas áreas. O Fabril FC Alevín é xa campión do subgrupo, do mesmo xeito que o Benxamín A e Alevín A.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Terceira RFEF
25ª xornada: FABRIL 1 (Davo) - ATLÉTICO ARTEIXO 0

Categoría feminina
Primeira Nacional, 23ª xornada: OLÍMPICO DE LEÓN 1 - DEPORTIVO ABANCA B 0

Primeira Autonómica, 23ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL FEMININO 6 (Daniela Agilda, Laura Santos -2-, Noe Gómez -2- e Uxía López) - TOMIÑO FC FEMININO 2

Segunda Autonómica, subgrupo 1º, 19ª xornada: ORZÁN SD CADETE B FEMININO 0 - GALICIA CARANZA 0

Categoría xuvenil
División de Honra, 24ª xornada: XUVENIL A 1 (Seydiba) - REAL OVIEDO 1

Liga Nacional, 25ª xornada: XUVENIL B 3 (Guerrero, Noé e Zoe) - CD CHOCO 0

Categoría cadete
División de Honra, 26ª xornada: VIVEIRO CF 2 - CADETE 5 (Lucas, Rubén -2-, Telmo e Daniel)

División de Honra, 26ª xornada: URAL ESPAÑOL CF 2 - SAN TIRSO SD CADETE 1 (Janusz)

Categoría infantil
División de Honra, 23ª xornada: INFANTIL 8 (Íker Rozada -2-, Gael -2-, Trigo, Mauro, Antón, Álvaro) - CIDADE DE RIBEIRA CF 1

División de Honra, 23ª xornada: URAL ESPAÑOL CF 0 - SAN TIRSO SD INFANTIL 2 (Sergio Cortizo e Héctor)

Categoría alevín
Primeira A Coruña - As Mariñas de fútbol 8, subgrupo 1º, 16ª xornada: ALEVÍN A 3 (Leo Sánchez -2- e Nico Torres) - VICTORIA CF 0

17ª xornada (xogado o pasado xoves): SAN TIRSO SD 4 - FABRIL FC ALEVÍN 6 (Álvaro Gómez -2-, Nacho Villanueva -2-, Jorge Fernández e David Gómez)

Categoría benxamín
Primeira A Coruña - As Mariñas de fútbol 8, subgrupo 1º, 16ª xornada: VICTORIA CF 1 - BENXAMÍN A 10 (Hugo Quintela -3-, Mateo Carballeira -2-, Alejandro Astray -2-, Xiao Fontao, Miguel Candal e Thiago López)

Amigable (disputado o pasado martes): FABRIL FC BENXAMÍN 10 (Leo Lorenzo -3-, Alberto Novo -3-, Mateo Songo'o, Jorge Víboras, Brais Iglesias e Adrián Souto) - COMPAÑÍA DE MARÍA 5

Primeira A Coruña - As Mariñas de fútbol 8, subgrupo 1º, 16ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN 8 (Mateo Songo'o -3-, Mateo Cardelle -2-, Alberto Novo, Andrés Valencia e Breogán Díaz) - CF DEPORTIVO ORZÁN 0