RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA, con gran triunfo do Xuvenil A en Santander

Boa parte dos equipos de #ANOSACANTEIRA despedíronse esta fin de semana da competición en 2021, con tan só un partido en casa: o Orzán SD Cadete Feminino (10-0) onte sábado na Torre ante o SCD Milagrosa. Todos os demais xogaron fóra.

Para hoxe domingo quedou un encontro, quizais o máis atractivo da fin de semana. O Xuvenil A, segundo clasificado con 36 puntos, medíase no Municipal de Bezana (Cantabria) ao Real Racing Club, terceiro con 31 puntos. Un gol de Diego no minuto 92 mantén ao campión de España na pelexa polo título e demostra o xene gañador desta xeración de #ANOSACANTEIRA.

Os deportivistas coñeceron este pasado martes que o FC Dynamo Kyiv ucraíno será o rival na eliminatoria de playoff da UEFA Youth League, tralo sorteo efectuado en Nyon (Suíza). A eliminatoria, a partido único, terá como escenario o Estadio ABANCA-RIAZOR o día 8 ou 9 de febreiro de 2022.

Onte sábado, en Tercera RFEF, o Fabril visitou a un rival directo na zona media-alta da táboa, o Rápido de Bouzas.

Os vigueses quizais foron superiores e amarraron o tres puntos: 3-1.

Tamén onte, o Xuvenil B xogou en Vigo ante o Colegio Hogar (1-2), o Cadete na Coruña ante o CD Calasanz (0-4), e o Infantil en Ferrol (0-3).

Deportivo ABANCA B, Orzán SD Xuvenil Feminino e Orzán SD Infantil Feminino xa non competirán até despois do Nadal.

Finalmente, os dous equipos alevíns do Deportivo participaron esta fin de semana na IX edición da Media Gol Cup, na modalidade de fútbol 7. O torneo desenvolveuse no Estadio Municipal de Cornellá. Así pois, os seus partidos de liga ante o Club Xesuitinas e Victoria CF trasládanse ao martes 21 de decembro ás 19:15 en Abegondo.

Tamén os partidos dos dous benxamíns desta fin de semana pasan ao martes 21 de decembro: o A en San Pedro de Visma 1 (18:00) fronte ao CD Calasanz; e o Fabril FC Benxamín no campo Víctor Fernández Alonso (19:00) ante o Atlético Coruña Montañeros CF.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Tercera RFEF
17ª xornada: RÁPIDO DE BOUZAS 3 - FABRIL 1 (Davo)

Categoría feminina
Liga Galega Cadete, 8ª xornada: ORZÁN SD CADETE FEMININO 10 (Laura Santos, Carla Lugilde, Candela Moreno, Ana Capelo, Nadia Longueira, Mica Baratelli, Sara Domínguez -3- e María Vilariño) - SCD MILAGROSA 0

Categoría xuvenil
División de Honra, 16ª xornada: REAL RACING CLUB 0 - XUVENIL A 1 (Diego)

Amigable (xogado o pasado mércores): XUVENIL B 1 (David López) - SELECCION CADETE SUB-16 0
Liga Nacional, 14ª xornada: COLEGIO HOGAR SR 1 - XUVENIL B 2 (Nico e David López)

Categoría cadete
División de Honra, 12ª xornada: CD CALASANZ 0 - CADETE 4 (Guerrero -2-, Juan Barros e Pablo Parada)

Categoría infantil
Liga Galega, subgrupo B norte, 11ª xornada: RACING DE FERROL 0 - INFANTIL 3 (Marcos -2- e Diego)

Categoría alevín
Primeira A Coruña, subgrupo A, 2ª xornada: CLUB XESUITINAS - ALEVÍN A, o martes 21 de decembro ás 19:15 en Abegondo

Primeira A Coruña, subgrupo B, 2ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN - VICTORIA CF, o martes 21 de decembro ás 19:15 en Abegondo

Categoría benxamín
Primeira A Coruña, subgrupo A: CD CALASANZ - BENXAMÍN A, o martes 21 de decembro ás 18:00 en San Pedro de Visma 1 (A Coruña)

Primeira A Coruña, subgrupo A: FABRIL FC BENXAMÍN - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF, o martes 21 de decembro ás 19:00 no campo Víctor Fernández Alonso (A Coruña)