RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA, con triunfo do Fabril e igualada do Xuvenil A nos partidos destacados hoxe domingo

Dous partidos hoxe domingo en Abegondo foron os pratos fortes da xornada en #ANOSACANTEIRA.

O Fabril dobregou (3-2) á Arandina CF e logra así a súa primeira vitoria en Segunda Federación. Os protagonistas foron dous futbolistas que onte sentaron no banco de ABANCA-RIAZOR co primeiro equipo e mesmo un deles chegou a saltar ao céspede do Estadio: Diego Gómez e Jairo. 

E o Xuvenil A igualou (2-2) co Real Racing Club, un dos fanfurriñeiros da División de Honra, a pesar de que os branquiazuis xa gañaban aos 12 minutos grazas a un tanto de Hugo.

Ademais, xogou tamén en casa o San Tirso SD Infantil, que realizou un gran traballo sen premio (2-3) ante o poderoso RC Celta na División de Honra. Nos 'verdes', Álex Martínez, Antón, Hugo Ferreiros e Gandarela están convocados para uns adestramentos da selección galega sub-14 (zona norte) en Curtis este mércores 27 ás 17:30.

Fóra de casa, o Orzán SD Xuvenil Femenino visitou ao ED Escuela Amistade (0-1) e o Orzán SD B sub-16 Femenino ao SCD Pastoriza (2-1).

Finalmente, o Fabril FC Alevín caeu en cuartos de final do Memorial Manolo Carrera na localidade ourensá de Velle, torneo no que onte sábado o Fabril FC Benxamín logrou a medalla de bronce.

O partido estrela onte foi o do Deportivo ABANCA B, que goleou (5-0) en Abegondo ao CD Lugo. As branquiazuis suman 9 puntos de 9 posibles, situadas na cabeza da clasificación de Tercera Federación FutFem (antiga Primera Nacional).

Óscar Orro, técnico deportivista, puido contar coas canteirás que están habitualmente en dinámica do primeiro equipo como Paula Monteagudo, Elena Vázquez ou Carmen Carballada, o tres titulares.

Ademais, o Cadete venceu ao Ural Español CF (0-5) e o San Tirso SD Cadete caeu no Monte co ED Xuventude de Oroso (0-1). 

Os deportivistas Íker Fernández, Janusz, Nico, Pablo García, Rodrigo e Yago; e Gael, Mauro e Samba por parte dos 'verdes' están citados para un adestramento o martes 26 no Municipal da Estrada coa selección galega sub-16.

A xornada completouna o Infantil en Abegondo (6-1) ante o EF Portero 2000; e a participación do Alevín A, subcampión; e Benxamín A (na foto da noticia), campión, no Torneo Aniversario do UD Santa Mariña en Cotogrande (Vigo).

No conxunto infantil deportivista, Daniel, Eder, Esteban, Iago Varela, Lucas López, Miguel, Nikolay, Raúl e Sergio Cortizo están citados para uns adestramentos da selección galega sub-14 (zona norte) o mércores 27 de setembro en Curtis.

O partido de Liga Nacional entre o Xuvenil B e o Pontevedra CF o venres 22 en Abegondo abriu o calendario de partidos, nunha fin de semana no que entraron onte en xogo en casa o Orzán SD Infantil A Femenino (8-1 ao UC Cee) e Orzán SD Infantil B Femenino (0-10 fronte ao Victoria CF), en ambos os casos no grupo 1º da liga Galega.

Os pupilos de Miguel Figueira, vixentes campións, venceron (3-0) a un aspirante ao ascenso á División de Honra e suman así 3 triunfos nos seus 3 primeiros partidos neste curso. 

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Categoría feminina
Tercera Federación FutFem, 3ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 5 (Lucía Rivas, Elena López 'Cusi', Laura Otero -2- e Laura Testa) - CD LUGO 0

Primeira Autonómica, 2ª xornada: ESCUELA FB AMISTADE 0 - ORZAN SD XUVENIL FEMENINO 1 (Noe Gómez)

Segunda Autonómica, 1ª xornada: SCD PASTORIZA 2 - ORZÁN SD B SUB-16 FEMENINO 1 (Daniela Macedo)

Liga Galega, subgrupo 1º, 1ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO 8 (Martina Vázquez, Marta Moreno, Naiara Fontenla, Claudia Sande, Carolina Lago, Lola Freire, Uxía Fariña e Bianca Ventureira) - UC CEE 1

Liga Galega, subgrupo 1º, 1ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B FEMENINO 0 - VICTORIA CF 10

Segunda Federación
4ª xornada: FABRIL 3 (Diego Gómez -2- e Jairo) - ARANDINA CF 2

Categoría xuvenil
División de Honra, 4ª xornada: XUVENIL A 2 (Hugo e Manu Ferreiro)  - REAL RACING CLUB 2

Liga Nacional, 3ª xornada: XUVENIL B 3 (José Rey, Rubén e Álvaro) - PONTEVEDRA CF 0

Categoría cadete
División de Honra, 3ª xornada: URAL ESPAÑOL CF 0 - CADETE 5 (Mosquera -2-, Miguel de Labra, Pablo Campo e Yago)

División de Honra, 3ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE 0 - ED XUVENTUDE DE OROSO 1

Categoría infantil
División de Honra, 2ª xornada: INFANTIL 6 (Sergio Cortizo -4-, Antón e Nico) - EF PORTERO '2000' 1

División de Honra, 2ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL 2 (Álex Martínez e Gandarela) - RC CELTA 3

Categoría alevín
Torneo Aniversario UD Santa Mariña en Cotogrande (Vigo)
Sábado 23 de setembro
PABELLÓN OURENSE CF 0 - ALEVÍN A 1 (Nacho Villanueva)
ALEVÍN A 4 (Martín López, Álvaro Gómez, Nacho Villanueva e David Gómez) - UD SANTA MARIÑA 0
ALEVÍN A 3 (David Gómez, Nacho Villanueva e Rui Fernández) - CD LUGO 3

RC CELTA 2 - ALEVÍN A 0

Con estes resultados, o Alevín A quedou subcampión, só superado polo RC Celta

Amigable, xoves 21: ATLÉTICO ARTEIXO 3 - FABRIL FC ALEVÍN 2 (Hugo Álvarez e Miguel Candal)

XI Memorial Manolo Carrera en Monte da Aira (Velle, Ourense)
Domingo 24 de setembro
Primeira Fase
FABRIL FC ALEVÍN 10 (Miguel Candal -3-, Alejandro Astray -2-, Hugo Álvarez -2-, Xiao Fontao, Thiago López e Hugo Quintela) - CD ARENTEIRO 0
AD BOSCO 0 - FABRIL FC ALEVÍN 0
FABRIL FC ALEVÍN 8 (Xiao Fontao -2-, Thiago López -2-, Nico Pérez, Alejandro Astray e Íker Ferreiro) - CD BARCO 0

Cuartos de final
FABRIL ALEVÍN B 0 - CD RÚA 1

Categoría benjamín
Torneo Aniversario UD Santa Mariña en Cotogrande (Vigo)
Sábado 23 de setembro
PABELLÓN OURENSE CF 0 - BENXAMÍN A 3 (Andrés Valencia, Antón Fernández e Mateo Songo'o)
BENXAMÍN A 4 (Alberto Novo, Leo Lorenzo -2- e Mateo Songo'o) - UD SANTA MARIÑA 1
BENXAMÍN A 8 (Álex Casado -3-, Antón Fernández -2-, Andrés Valencia, Diego Castelo e Breogán Díaz) - ACADEMIA TECNIFICAT 0
RC CELTA 2 - BENXAMÍN A 2 (Alberto Novo e Mateo Songo'o)

O Benxamín A proclamouse campión do torneo. Empatou a puntos co RC Celta pero tivo mellor diferenza de goles

XI Memorial Manolo Carreira en Monte da Aira (Velle, Ourense)
Sábado 23 de setembro
FABRIL FC BENXAMÍN 3 (Leo Galbán, Martín Coronel e Martín Martelo) - VERÍN CF 0
CD BARCO 0 - FABRIL FC BENXAMÍN 4 (Martín Coronel -2-, Brais Iglesias e Yoel Losada)
FABRIL FC BENXAMÍN 5 (Leo Galbán -2-, César Lodeiro, Yoel Losada e Leo Barros) - CD ARENTEIRO 0

Cuartos de final
FABRIL FC BENXAMÍN 4 (Leo Galbán, Martín Martelo, Yoel Losada e César Lodeiro) - CD A PURÍSIMA 0

Semifinal
FABRIL FC BENXAMÍN 0 - ED OURENSE 0. A penaltis: 3-4

Terceiro e cuarto posto
FABRIL FC BENXAMÍN 4 (Yoel Losada -2- e Martín Coronel -2-) - VERÍN CF 0