RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Novo triunfo hoxe do San Tirso SD Cadete e calendario deste mércores, con cita para o Cadete en Santiago e Infantil en Abegondo

Varios partidos xóganse entre semana en ANOSACANTEIRA.

Hoxe martes 27 de maio o San Tirso SD Cadete, 4º na División de Honra, venceu por 2-1 ao Escola de Fútbol DSF no campo Penedo Redondo de Salceda de Caselas.

Os 'verdes' están a asinar unha gran campaña e afiánzanse na táboa, só superados por Dépor, Celta e ED Val Miñor Nigrán.

Mañá mércores 28 dispútanse outros dous partidos. O Cadete visita ao CD Conxo Santiago ás 19:15 no campo da Merced na penúltima xornada mentres que o Infantil concluirá a liga ás 19:00 en Abegondo ante o Victoria CF como subcampión da División de Honra.

O xoves 29 a atención pasa ao Toralín de Ponferrada. o Xuvenil A enfróntase ao Real Betis a partir das 20:00 na primeira semifinal, que curiosamente se xoga de segunda, da Copa de Campións.

Ese mesmo día en Abegondo, o San Tirso SD Infantil afronta o seu último partido de liga ante o AJ Lérez ás 19:00 no campo de herba sintética de Abegondo.

Xa a fin de semana, o Xuvenil B recibe ao RC Celta B, o sábado 31 de maio ás 17:00 (YouTube RC Deportivo), no último partido da Liga Nacional.

Os branquiazuis avantaxan en 1 punto aos celestes á fronte da táboa.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría xuvenil
Copa de Campións, semifinal: XUVENIL A - REAL BETIS, o xoves 29 de maio ás 20:00 no Toralín

34ª xornada (última): XUVENIL B - RC CELTA B, o sábado 31 de maio ás 17:00 en Abegondo
Clasificación: 1. Xuvenil B, 83 puntos; 2. RC Celta B, 82 puntos; 3. Racing de Ferrol, 70 puntos...

Categoría cadete
33ª xornada: CD CONXO SANTIAGO - CADETE, mañá mércores 28 de maio ás 19:15 no campo da Merced (Conxo)
33ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE 2 (Dani López e Dani Fructuoso) - ESCOLA DE FÚTBOL DSF 1
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 91 puntos; 2. Cadete, 89 puntos; 3. ED Val Miñor Nigrán, 66 puntos; 4. San Tirso SD Cadete (un partido máis), 62 puntos; 5. SD Compostela, 58 puntos; 6. Arosa SC, 55 puntos... 18. CD Conxo Santiago, 15 puntos

Categoría infantil
30ª xornada (última): INFANTIL - VICTORIA CF, mañá mércores 28 de maio ás 19:00 en Abegondo (campo de herba sintética)
30ª xornada (última): SAN TIRSO SD INFANTIL - AJ LÉREZ, o xoves 29 de maio ás 19:00 en Abegondo (campo de herba sintética)
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 82 puntos; 2. Infantil, 77 puntos; 3. Pabellón Ourense CF, 64 puntos... 6. AJ Lérez, 41 puntos; 7. CD Lugo, Atlético Coruña Montañeros CF e San Tirso SD Infantil, 40 puntos; 10. CD Conxo Santiago, 38 puntos; 11. Victoria CF, 29 puntos...