RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Adrián Guerreiro puxo o punto e final ás 3 quendas dos mércores na sede de Alvedro da Escola RC Deportivo

O aínda futbolista xuvenil Adrián Guerrero está a vivir días moi especiais desde a súa chegada a #ANOSACANTEIRA, hai xa 11 anos.

Hai unhas semanas disputou co Fabril o play off de ascenso a Primera Federación.

O pasado domingo, tiña a oportunidade de debutar co primeiro equipo, mesmo de titular, en LaLiga Hypermotion con motivo do encontro do Dépor en Zaragoza.

Este mércores puxo o colofón á quenda dos mércores da sede de Alvedro da Escola RC Deportivo, unha tarefa que normalmente desempeñan os xogadores do primeiro equipo.

Uns 50 nenos e nenas recibiron de mans do canteirán os correspondentes diplomas, tiveron a ocasión de charlar con el e de facerse fotos cunha das grandes promesas de Abegondo.

O pasado mes de outubro arrincou un novo curso, o sétimo, da Escola RC Deportivo nestas sedes: Alvedro, Outes, Colexio Jesuitinas e Colexio Internacional Eirís; ás que houbo que engadir Sada e Zas.

Esta escola profesional de fútbol está destinada a todos os nenos e nenas entre 6 e 14 anos que desexen complementar a súa formación de maneira máis específica con adestradores da canteira do RC Deportivo, independentemente do seu nivel de práctica.

As Escolas RC Deportivo Colexio Jesuitinas e Colexio Internacional Eirís están destinadas a todos os alumnos/as de cada centro que desexen participar.

Calquera centro que desexe participar ou queira crear unha Escola RC Deportivo dentro do seu programa de actividades pode contactar coa Dirección en escola@rcdeportivo.es.

Houbo novas actividades, xornadas en Abegondo e sorteos de agasallos. 

Ademais, na súa localización da Cidade Deportiva Arsenio Iglesias na Torre continuou a súa actividade a Escola RC Deportivo Diversidade Funcional, destinada a todas as persoas con diversidade funcional entre 16 e 40 anos que desexen iniciarse no fútbol ou complementar os seus adestramentos de maneira máis específica con adestradores do equipo Genuine do RC Deportivo. 

Este ano, a Escola RC Deportivo Diversidade Funcional puxo en marcha unha nova quenda os martes de 16:00 a 18:00 horas para alumnos e alumnas de 8 a 14 anos.

Toda a información acerca de tarifas, horarios, que inclúe a actividade, etc... pode consultarse en http://escola.rcdeportivo.es.

Para calquera dúbida ou consulta acerca da actividade así como calquera problema co proceso de inscrición poden contactar coa organización no correo electrónico escola@rcdeportivo.es.