RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Fin de curso para os alumnos e alumnas da sede de Outes da Escola RC Deportivo

Os 30 nenos e nenas que neste curso 2024-25 formaron parte da sede de Outes celebraron o fin de curso.

Os monitores organizaron por este motivo un sinxelo pero emotivo acto de entrega de diplomas para cada alumno/a.

O pasado mes de outubro arrincou un novo curso, o sétimo, da Escola RC Deportivo nestas sedes: Alvedro, Outes, Colexio Jesuitinas e Colexio Internacional Eirís; ás que houbo que engadir Sada e Zas.

Esta escola profesional de fútbol está destinada a todos os nenos e nenas entre 6 e 14 anos que desexen complementar a súa formación de maneira máis específica con adestradores da canteira do RC Deportivo, independentemente do seu nivel de práctica.

Ademais, na súa localización da Cidade Deportiva Arsenio Iglesias na Torre desenvolveu a súa actividade a Escola RC Deportivo Diversidade Funcional, destinada a todas as persoas con diversidade funcional entre 16 e 40 anos que desexen iniciarse no fútbol ou complementar os seus adestramentos de maneira máis específica con adestradores do equipo Genuine do RC Deportivo. 

Este ano, a Escola RC Deportivo Diversidade Funcional puxo en marcha unha nova quenda os martes de 16:00 a 18:00 horas para alumnos e alumnas de 8 a 14 anos.

Toda a información acerca de tarifas, horarios, que inclúe a actividade, etc... pode consultarse en http://escola.rcdeportivo.es.

Para calquera dúbida ou consulta acerca da actividade así como calquera problema co proceso de inscrición poden contactar coa organización no correo electrónico escola@rcdeportivo.es.