RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Festa no DéporCampus Cabreiroá coa entrega de diplomas aos 380 nenos e nenas da primeira quenda de Abegondo, Terras de Maside, Sarria e Lugo

Este venres 27 de xuño tivo lugar a entrega de diplomas aos 380 nenos e nenas que gozan do DéporCampus Cabreiroá 2025 na primeira quenda da sede de Abegondo repartida entre a Cidade Deportiva e o campo de O Monte (180 participantes); Terras de Maside (50); Sarria (60) e Lugo (80).

Foron os padriños desta primeira semana do DéporCampus Cabreiroá a internacional Elena Vázquez e os canteiráns Xabi Campos e Janusz Flórez no campo de herba sintética da Cidade Deportiva; Carlos Amido e Nico Ruiz en Lugo; Gael Irimia e José Rey en Sarria; e Diego Gómez e Pablo Crespo en Terras de Maside.

O vindeiro luns 30 de xuño un total de 500 nenos e nenas gozarán da actividade repartidos entre a segunda quenda de Abegondo e a primeira de Caranza; ademais de Cee, Colexio Internacional de Eirís e Colexio Santa María del Mar.

Esta actividade está dirixida a nenos e nenas desde os 6 aos 14 anos (é dicir os nados de 2011 a 2019 incluídos), independentemente do nivel de práctica ou experiencia futbolística.

Poden acollerse a descontos as nenas e nenos que participasen en edicións anteriores dos DéporCampus Cabreiroá e da Escola RC Deportivo; os socios ou accionistas do RC Deportivo; xogadores do Club; familias numerosas ou con máis dun membro en paro; familias que inscriban a máis dun fillo; e fillos e fillas de empregados de empresas colaboradoras de cada sede.

Os DéporCampus Cabreiroá empregan o método Dépor, impartido por adestradores do Club; e baseado no respecto polo rival, o xogo limpo e o esforzo.

Toda a información sobre cada sede, quenda, horarios e demais preguntas frecuentes atópase en deporcampus.rcdeportivo.es, onde se pode realizar todo o proceso de inscrición e contacto.

O martes 1 de xullo ás 14:00 conclúe o prazo de inscrición para as sedes de Marín, Ourense, Monforte e segunda quenda de Caranza; contando con que as sedes de Abegondo e Santa Comba están xa esgotadas.

Precisamente os interesados en quendas que estean esgotadas poden anotarse nunha lista de espera. Para iso deben mandar un correo a deporcampus@rcdeportivo.es cos seguintes datos: Nome e apelidos do participante, teléfono, correo electrónico e quenda/s semanal/ais nas que está interesado.