RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Sada tamén elixe o DéporCampus Cabreiroá no verán

Sada, sede habitual cada inverno, estrea neste 2025 o DéporCampus Cabreiroá no verán. 

Desta forma, esta localidade coruñesa, que tamén acolle a Escola RC Deportivo, únese á principal actividade social da Fundación RC Deportivo, neste caso en colaboración co Concello de Sada e o Sada CF.

Ao acto de presentación, no campo de fútbol Andrés Pena - As Mariñas, sede tamén do campus, asistiron José Manuel García, Presidente do Sada CF; Martín Díez, Coordinador; Sergio Maurente, Coordinador de Programa Local da Fundación RC Deportivo; e Jacobo Saco, Adxunto á Coordinación do Programa Local da Fundación RC Deportivo.

O DéporCampus Cabreiroá 2025 en Sada será do luns 21 de xullo ao venres 25 de xullo e o prazo de inscrición está aberto até o 15 de xullo ás 14:00 horas.

Esta actividade está dirixida a nenos e nenas desde os 6 aos 14 anos (é dicir os nados de 2011 a 2019 incluídos), independentemente do nivel de práctica ou experiencia futbolística.

Abegondo, Bertamiráns, Boiro, Caranza, Cee, Cuntis, Monforte, Ourense, Santa Comba, Sarria, Silleda, Terras de Maside, Vila de Marín e Zas; ás que este ano 2025 súmanse Lugo, Cedeira, Vilalba, Sada e o colexio Santa María del Mar son as localizacións da actividade en diferentes semanas do tres meses de verán.

Desde este luns 23 de xuño un total de 380 nenos e nenas xa gozan do DéporCampus Cabreiroá 2025 na primeira quenda da sede de Abegondo repartida entre a Cidade Deportiva e o campo de O Monte (180 participantes); ademais de Terras de Maside (50), Sarria (60) e Lugo (80).

Poden acollerse a descontos as nenas e nenos que participasen en edicións anteriores dos DéporCampus Cabreiroá e da Escola RC Deportivo; os socios ou accionistas do RC Deportivo; xogadores do Club; familias numerosas ou con máis dun membro en paro; familias que inscriban a máis dun fillo; e fillos e fillas de empregados de empresas colaboradoras de cada sede.

Os DéporCampus Cabreiroá empregan o método Dépor, impartido por adestradores do Club; e baseado no respecto polo rival, o xogo limpo e o esforzo.

Toda a información sobre cada sede, quenda, horarios e demais preguntas frecuentes atópase en deporcampus.rcdeportivo.es, onde se pode realizar todo o proceso de inscrición e contacto.

Os interesados en quendas que estean esgotados poden anotarse nunha lista de espera. Para iso deben mandar un correo a deporcampus@rcdeportivo.es cos seguintes datos: Nome e apelidos do participante, teléfono, correo electrónico e quenda/s semanal/ais nos que está interesado.