RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Fin á segunda semana do DéporCampus Cabreiroá en Abegondo, Caranza, Cee, Colexio Internacional de Eirís e Santa María del Mar

Este venres 4 de xullo concluíu a segunda semana dos DéporCampus Cabreiroá 2025, a principal actividade social da Fundación RC Deportivo.

Un total de 500 nenos e nenas gozaron desde o pasado luns 30 de xuño do fútbol, o deporte e o compañeirismo repartidos entre a segunda quenda de Abegondo e a primeira de Caranza; ademais de Cee, Colexio Internacional de Eirís e Colexio Santa María del Mar.

Todos eles recibiron o diploma acreditativo nunha cerimonia sinxela pero emocionante.

Ademais, os alumnos e alumnas nas diferentes sedes atopáronse con padriños de luxo, algúns dos canteiráns con máis proxección que compartiron a xornada neste final da segunda semana: Quique Teijo e Martina Rivas en Abegondo, sede á que tamén acudiron os nenos e nenas do Colexio Internacional de Eirís; Pablo García no Colexio Santa María del Mar; Adrián Guerrero e Sara Cercido en Caranza; e Rubén Trillo e o internacional Raúl Lema en Cee.

A próxima semana, 3ª do DéporCampus Cabreiroá 2025, é a semana grande.

Uns 600 nenos e nenas participan na terceira quenda de Abegondo e a segunda de Caranza; ademais das sedes do Colexio Internacional de Eirís, Monforte, Ourense, Santa Comba e Vila de Marín.

Os DéporCampus Cabreiroá empregan o método Dépor, impartido por adestradores do Club; e baseado no respecto polo rival, o xogo limpo e o esforzo.

Toda a información sobre cada sede, quenda, horarios e demais preguntas frecuentes atópase en deporcampus.rcdeportivo.es, onde se pode realizar todo o proceso de inscrición e contacto.

Último día de inscrición o martes 8 de xullo para varias sedes

Así mesmo, este martes 8 de xullo ás 14:00 conclúe o prazo de inscrición para as sedes de Cuntis e Silleda; contando con que as de Abegondo, Bertamiráns, Boiro e Vilalba están xa esgotadas.

Precisamente os interesados en quendas que estean esgotadas poden anotarse nunha lista de espera. Para iso deben mandar un correo a deporcampus@rcdeportivo.es cos seguintes datos: Nome e apelidos do participante, teléfono, correo electrónico e quenda/s semanal/ais nas que está interesado.