
FUNDACIÓN · 4 XULLO 2025
FIN Á SEGUNDA SEMANA DO DÉPORCAMPUS CABREIROÁ EN ABEGONDO, CARANZA, CEE, COLEXIO INTERNACIONAL DE EIRÍS E SANTA MARÍA DEL MAR
Este venres 4 de xullo concluíu a segunda semana dos DéporCampus Cabreiroá 2025, a principal actividade social da Fundación RC Deportivo.Un total de 500 nenos e nenas gozaron desde o pasado luns 30 de xuño do fútbol, o deporte e o compañeirismo repartidos entre a segunda quenda de Abegondo e a primeira de Caranza; ademais de Cee, Colexio Internacional de Eirís e Colexio Santa María del Mar.Todos eles recibiron o diploma acreditativo nunha cerimonia sinxela pero emocionante.

Ademais, os alumnos e alumnas nas diferentes sedes atopáronse con padriños de luxo, algúns dos canteiráns con máis proxección que compartiron a xornada neste final da segunda semana: Quique Teijo e Martina Rivas en Abegondo, sede á que tamén acudiron os nenos e nenas do Colexio Internacional de Eirís; Pablo García no Colexio Santa María del Mar; Adrián Guerrero e Sara Cercido en Caranza; e Rubén Trillo e o internacional Raúl Lema en Cee.A próxima semana, 3ª do DéporCampus Cabreiroá 2025, é a semana grande.Uns 600 nenos e nenas participan na terceira quenda de Abegondo e a segunda de Caranza; ademais das sedes do Colexio Internacional de Eirís, Monforte, Ourense, Santa Comba e Vila de Marín.Os DéporCampus Cabreiroá empregan o método Dépor, impartido por adestradores do Club; e baseado no respecto polo rival, o xogo limpo e o esforzo.Toda a información sobre cada sede, quenda, horarios e demais preguntas frecuentes atópase en , onde se pode realizar todo o proceso de inscrición e contacto.

Último día de inscrición o martes 8 de xullo para varias sedesAsí mesmo, este martes 8 de xullo ás 14:00 conclúe o prazo de inscrición para as sedes de Cuntis e Silleda; contando con que as de Abegondo, Bertamiráns, Boiro e Vilalba están xa esgotadas.Precisamente os interesados en quendas que estean esgotadas poden anotarse nunha lista de espera. Para iso deben mandar un correo a [email protected] cos seguintes datos: Nome e apelidos do participante, teléfono, correo electrónico e quenda/s semanal/ais nas que está interesado.


Resultados deste venres 1 de maio nos torneos amigables; e ca...

Os Nosos regresan o luns 4 de maio ao Dépor Training Center

O Dépor vence ao CD Leganés cun gran gol de Noé na recta fina...

Triunfo do Orzán SD Xuvenil para deixar case amarrada a perma...

O Orzán SD Xuvenil abre este venres 1 de maio no Dépor Traini...

Resultados deste xoves, con triunfos do Alevín de fútbol 11 e...