RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Alevín A, o Benxamín A e o Fabril FC Alevín brillan na gala de entrega de premios da AFAC

CANTERA · 25 XUÑO 2026

O ALEVÍN A, O BENXAMÍN A E O FABRIL FC ALEVÍN BRILLAN NA GALA DE ENTREGA DE PREMIOS DA AFAC

A ilusión, o esforzo e o compromiso de ANOSACANTEIRA volveron ter un merecido recoñecemento na gala anual de entrega de premios da AFAC (Asociación de Fútbol Aficionado de A Coruña), celebrada este xoves 25 de xuño no Palacio dos Deportes de Riazor.Tres dos nosos equipos foron protagonistas dunha tarde moi especial.O Alevín A (na foto principal da nova) e o Benxamín A (na foto ao pé desta liña) recolleron o trofeo que os acredita como campións da Primera Futgal, un premio ao excelente traballo realizado durante toda a temporada.

benjamina0625.jpg

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, fixo entrega do galardón ao Alevín A, mentres que o secretario xeral para o Deporte, Roberto García, entregou o recoñecemento ao Benxamín A.Tamén viviu un momento inesquecible o Fabril FC Alevín (ao pé desta liña), que recibiu das mans da alcaldesa o trofeo que o distingue como terceiro clasificado da competición, culminando así unha brillante campaña.

fabrilfcalevin0625.jpg

En representación do RC Deportivo asistiron o conselleiro Carlos Ballesta (na foto inferior), que ademais participou na entrega de premios a varios equipos, e o Director de Fútbol Formativo, Ismael Arilla, acompañando aos nosos novos futbolistas nunha gala cargada de emoción e orgullo.A temporada porá o seu broche final este venres 26 de xuño coa tradicional cea de clausura no Hotel Attica 21, un momento para celebrar xuntos os logros acadados e recoñecer o esforzo, a dedicación e os valores que acompañaron aos nosos equipos ao longo de todo o curso.

ballesta0625.jpg