
FUNDACIÓN · 25 XUÑO 2026
AS DÉPOR ESCOLAS FEIRACO POÑEN O BROCHE AO CURSO 2025-26
O curso 2025-26 xa é historia nas Dépor Escolas Feiraco. Tras meses de aprendizaxe, esforzo e diversión, máis de 500 nenos e nenas nacidos entre 2012 e 2019 puxeron o broche a unha temporada na que o fútbol volveu ser moito máis ca un deporte: unha ferramenta para medrar, compartir valores e vivir o deportivismo desde dentro.Desde o pasado mes de outubro, as e os participantes tiveron a oportunidade de complementar a súa formación futbolística da man de adestradores da canteira do RC Deportivo, nun contorno pensado para que cada neno e cada nena puidese desenvolver as súas capacidades con independencia do seu nivel de práctica.Nas Dépor Escolas Feiraco o importante non é só aprender a xogar mellor, senón tamén gozar do camiño, facer amizades e descubrir os valores que acompañan o deporte.Ao longo destes meses, as diferentes sedes repartidas por Galicia convertéronse en puntos de encontro para centos de familias unidas por unha mesma paixón. Alvedro, Sada, Paiosaco, Zas, Bertamiráns, os colexios Jesuitinas e Internacional de Eirís (na foto principal da nova), así como a sede de diversidade funcional na Cidade Deportiva da Torre, acolleron xornadas cheas de ilusión, compañeirismo e ganas de seguir aprendendo.En cada adestramento respirouse deportivismo. Baixo a supervisión de técnicos con experiencia na metodoloxía do RC Deportivo, as e os participantes afondaron en aspectos técnicos, tácticos e formativos que complementaron o traballo realizado nos seus clubs ou no seu tempo de lecer, sempre nun ambiente próximo, educativo e divertido.Agora chega o momento de despedir unha temporada que deixa centos de experiencias compartidas, novas aprendizaxes e moitos sorrisos. Pero tamén de mirar cara ao futuro coa ilusión de volver atoparse moi pronto para seguir medrando xuntos arredor do fútbol e dos valores que representa o RC Deportivo.
Para calquera dúbida ou consulta acerca da actividade pódese contactar coa organización no correo electrónico [email protected].Toda a información acerca de que inclúe a actividade... pode consultarse picando nesta ligazón.

O DéporCampus de Santa María del Mar preséntase coas súas pra...

Rubén Prol confesa que "para min foi unha responsabilidade en...

Lucía Rivas amplía a súa vinculación co RC Deportivo ata 2028

Definido o grupo da División de Honra para o Xuvenil A

El Fabril xa coñece aos seus rivais no grupo 1º de Primera Fe...

Silleda luce o seu DéporCampus, xa na súa 7ª edición