
DÉPOR ABANCA · 25 XUÑO 2026
LUCÍA RIVAS AMPLÍA A SÚA VINCULACIÓN CO RC DEPORTIVO ATA 2028
O Dépor ABANCA segue construíndo o seu futuro sobre uns alicerces que nacen en ANOSACANTERA. Por iso, a renovación de Lucía Rivas Moure (23 de agosto de 2007), para todos os efectos con ficha do primeiro equipo ata 2028, con posibilidade de ampliación, supón unha magnífica noticia para o deportivismo e unha nova mostra da confianza do club no talento que medra no Dépor Training Center.Natural da localidade pontevedresa de Caldas de Reis, a nova atacante blanquiazul demostrou, malia a súa mocidade, unha personalidade e unha proxección que a converten nunha das grandes promesas do fútbol feminino español.O seu crecemento constante, o seu compromiso e a súa capacidade para asumir novos retos foron abrindo portas que hoxe a sitúan entre as futbolistas con máis futuro do club.Internacional en categorías inferiores, Lucía xa sabe o que é proclamarse campioa de Europa sub-17 e continúa sumando experiencias de máximo nivel, representando estes días ao Dépor ABANCA e ao fútbol español na fase final do Campionato de Europa sub-19. Un percorrido que reflicte o enorme potencial dunha xogadora que segue dando pasos firmes na súa formación.Dende o seu debut co Dépor ABANCA o 7 de xaneiro de 2024 no Dépor Training Center, Lucía foi gañando o seu espazo na elite. Durante a pasada temporada participou en 14 encontros de Liga F, 5 deles como titular, e celebrou o seu primeiro gol na máxima categoría.En paralelo, tamén tivo un papel importante no Deportivo ABANCA B, contribuíndo en 11 partidos, 8 deles como titular, con traballo e compromiso ao obxectivo da permanencia.A súa renovación ata 2028 representa moito máis ca a continuidade dunha futbolista. É unha aposta por unha forma de entender o club, polo talento de canteira e por unha xeración de xogadoras que soña con seguir medrando baixo o escudo branquiazul.

O Dépor empata ante o Levante UD e laméntase porque un partid...

Despois de visitar o Madrid CFF o sábado 31 de outubro, As No...

O Dépor Genuine, Torre SD e Real Avilés comparten unha xornad...

A RFEF adianta ás 13:00 horas o Fabril - CD Extremadura e fix...

Este venres 16 abre a OAD de 9:15 a 14:00 e os despachos de b...

Antonio Hidalgo advirte de que en LaLiga EA Sports "todo te p...