
FUNDACIÓN · 26 XUÑO 2026
A RC DEPORTIVO FUNDACIÓN ORGANIZA UNHA RECOLLIDA SOLIDARIA DE AXUDA HUMANITARIA PARA VENEZUELA NO ESTADIO ABANCA-RIAZOR
A RC Deportivo Fundación pon en marcha unha campaña solidaria de recollida de material humanitario para Venezuela, en colaboración coa Hermandad Gallega, que coordina o envío dos recursos atendendo ás necesidades trasladadas polas autoridades sobre o terreo.A recollida terá lugar no Estadio ABANCA-RIAZOR durante as seguintes xornadas:Sábado, de 10:00 a 18:00 horas.Domingo, de 10:00 a 15:00 horas.De ser necesario, habilitarase tamén o luns, de 09:00 a 14:00 horas.O punto de entrega estará situado no acceso ao estadio polo portón da bancada de Pavillón, xunto á Déportienda, mentres que a saída realizarase polo portón das billeteiras do Palacio dos Deportes.De acordo coas necesidades comunicadas pola Hermandad Gallega, solicítase a doazón dos seguintes materiais:Roupa en bo estado, especialmente infantil.Medicamentos e material básico de primeiros auxilios, como luvas, ibuprofeno, gasas, tiritas ou alcohol.Cueiros, tanto infantís como para persoas adultas.Alimentos non perecedoiros.A RC Deportivo Fundación fai un chamamento a toda a familia deportivista e á cidadanía para se sumar a esta iniciativa solidaria.Cada achega, por pequena que sexa, contribuirá a ofrecer apoio a quen está a atravesar unha situación especialmente difícil en Venezuela.Unha vez máis, o deportivismo demostra que a súa forza tamén se mide pola súa capacidade para axudar.


Íker Vidal continuará no Fabril até 2027

O Alevín A, o Benxamín A e o Fabril FC Alevín brillan na gala...

Pleno de triunfos do Dépor ABANCA Cadete e Dépor ABANCA Infan...

O DéporCampus de Santa María del Mar preséntase coas súas pra...

As Dépor Escolas Feiraco poñen o broche ao curso 2025-26

Rubén Prol confesa que "para min foi unha responsabilidade en...