
DÉPOR FABRIL · 26 XUÑO 2026
ÍKER VIDAL CONTINUARÁ NO FABRIL ATÉ 2027
O RC Deportivo e Íker Vidal María (Valladolid, 22 de decembro de 2004) chegaron a un acordo para a renovación do futbolista por unha temporada máis, con opción de ampliación.O lateral esquerdo chegou a ANOSACANTEIRA na temporada 2024-25 procedente da AD Alcorcón e, desde a súa incorporación ao filial deportivista, demostrou un crecemento constante grazas ao seu compromiso, traballo e regularidade.Durante a súa etapa no Fabril, co equipo competindo en Segunda Federación, Íker Vidal disputou un total de 61 partidos, consolidándose como un dos xogadores de confianza de Manuel Pablo e converténdose nun habitual no once inicial.Con esta renovación, o Club aposta por darlle continuidade ao proxecto do filial e polo crecemento dun futbolista que soubo gañarse o seu sitio con esforzo e rendemento.A continuidade de Íker Vidal súmase ás renovacións xa anunciadas de David Domínguez, Quique Teijo, Damián Canedo, Noé Carrillo e Manu Ferreiro.Parabéns, Íker!

El Fabril recibirá ao Barakaldo CF o sábado 14 de novembro ás...

Parte médico de Bright Ede

A canteirá deportivista Antía Veiga comezou con vitoria ante ...

Os Nosos volven este martes 20 de outubro ao Dépor Training C...

Alberto Rodríguez lembra que «lle fixemos 3 goles a un equipo...

Resultados da fin de semana ANOSACANTEIRA feminina, con derro...