RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Resultados da fin de semana ANOSACANTEIRA feminina, con derrotas orzanistas este domingo 18 en Santiago e Muxía

CANTERA · 18 OUTUBRO 2026

RESULTADOS DA FIN DE SEMANA ANOSACANTEIRA FEMININA, CON DERROTAS ORZANISTAS ESTE DOMINGO 18 EN SANTIAGO E MUXÍA

En ANOSACANTEIRA feminina tivo descanso ligueiro esta fin de semana o Dépor ABANCA B, líder da Segunda Federación.As Nosas gozan deste parón após o 0-5 no derbi con As Nosas e con Antía Veiga concentrada coa selección española sub-17 no Mundial de Marrocos que comeza este luns 19.En canto ao resto de categorías, disputáronse 2 partidos o sábado 17.O Orzán SD Cadete venceu o Racing de Ferrol (1-6), mentres que o Orzán SD Infantil B perdeu co UD Cerqueda (0-8) no seu primeiro partido na Liga Gallega, posto que na 1ª xornada tivo descanso.O domingo 18 competiron o resto dos equipos.En Tercera Federación víronse as caras en Santa Isabel o Victoria FC e o Orzán SD Sub-21. Ambos os conxuntos chegaban ao partido empatados na zona media da táboa con 10 puntos.Venceron por 2-0 as santiaguesas grazas a un gol en cada parte.No campo muxián de Arliña enfrontáronse os dous primeiros clasificados da Primera Autonómica: o Muxía CF (11 puntos) e o Orzan SD Xuvenil (12 puntos).Os 3 puntos quedaron na casa (4-1), co que as orzanistas sitúanse agora na 3ª posición.Pechou a xornada o triunfo do Orzán SD Infantil A en Oleiros ante o AD Cristo Rey (1-2), correspondente á 2ª xornada no grupo A da Liga Gallega.Os resultados da fin de semana foron os seguintes:Tercera Federación6ª xornada: VICTORIA FC 2 - ORZÁN SD SUB-21 0Primera Autonómica6ª xornada: MUXÍA CF 4 - ORZÁN SD XUVENIL 1 (Lola Freire)Liga Gallega cadete2ª xornada: RACING DE FERROL 1 - ORZÁN SD CADETE 6 (Lía Blanco, Alexia Quintela, Patricia Fernández -2-, Sofía Asensio e María López-Perales)Liga Gallega infantilGrupo A, 2ª xornada: AD CRISTO REY 1 - ORZÁN SD INFANTIL A 2 (Vera Melki e Daniela Mingo)Grupo B, 2ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B 0 - UD CERQUEDA 8