
DÉPOR · 19 OUTUBRO 2026
OS NOSOS VOLVEN ESTE MARTES 20 DE OUTUBRO AO DÉPOR TRAINING CENTER PARA SEGUIR TRABALLANDO TAMÉN EN "DEIXAR A PORTERÍA A CERO, QUE É MOI IMPORTANTE"·
Os Nosos volven este martes 20 de outubro ao Dépor Training Center nunha semana con visita ao Estadio Riyadh Air Metropolitano, o sábado 24 de outubro ás 21:00 horas (Movistar LaLiga), nun partido correspondente á 10ª xornada.Os resultados da fin de semana, co empate do pasado venres en ABANCA-RIAZOR ante o Levante UD, deixaron o Dépor con 11 puntos na 9ª posición.Diego Villares asegura que o equipo traballará tamén «para deixar a portería a cero no maior número de partidos posible, que é moi importante».O capitán blanquiazul admite que afecta o feito de levar 5 partidos consecutivos sen gañar porque «a todos nos gusta gañar, pero é algo ao que, e máis agora, temos que darlle a importancia que ten. Hai que pensar no seguinte porque os partidos anteriores non nos van dar ningún rédito».Antonio Hidalgo disporá de 4 sesións de traballo matinais no Dépor Training Center para preparar o choque ante o Atlético de Madrid.A última, a do venres 23, adiántase ás 10:00, posto que a primeira hora da tarde o equipo viaxará a Madrid nun voo que despegará do Aeroporto de A Coruña a primeira hora da tarde.A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variacións por razóns técnicas, é a seguinte:Martes 20 de outubro10:30 h.Mércores 21 de outubro10:30 h.Xoves 22 de outubro10:30 h.Venres 23 de outubro10:00 h.Sábado 24 de outubro21:00: Deportivo - Atlético de Madrid, no Riyadh Air Metropolitano

Alberto Rodríguez lembra que «lle fixemos 3 goles a un equipo...

Resultados da fin de semana ANOSACANTEIRA feminina, con derro...

Regreso en autocar e adestramento este luns 19 para As Nosas ...

O Dépor ABANCA supera á SD Eibar tras un longuísimo partido d...

A canteirá deportivista Antía Veiga comeza este luns 19 front...

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA, este domingo 18...