
CANTERA · 18 OUTUBRO 2026
RESULTADOS DA FIN DE SEMANA EN ANOSACANTEIRA, ESTE DOMINGO 18 CON TRIUNFO DOS DOUS EQUIPOS XUVENÍS NO DÉPOR TRAINING CENTER
Este domingo 18 de outubro xogaron, e gañaron, os xuvenís no Dépor Training Center: o A de División de Honor no campo Arsenio Iglesias ante a SD Compostela (3-1) e o B de Liga Nacional no campo de herba sintética ante o Coruxo FC (4-2).A fin de semana deixou en ANOSACANTEIRA un novo derbi para o Fabril, desta volta ante o CD Lugo no Estadio Anxo Carro, cuxos mellores momentos podes ver entre o texto.Venceron os lucenses por 3-0, resultado que sitúa os fabrilistas con 8 puntos na 16ª posición de Primera Federación.Manu Ferreiro volveu á competición tras varios meses afastado dos terreos de xogo, pero Noé, que foi titular, non puido rematar o encontro debido a unhas molestias nos isquiotibiais.Manuel Pablo asegurou na rolda de prensa posterior ao partido, que podes ver ao pé destas liñas, que «estamos intentando competir. Fáltanos un pouco de regularidade. O outro día (ante o Racing de Ferrol) conseguímolo. Hoxe (por onte) era un equipo complicado. Esperaba estar máis preto porque nos custou».Viu o seu equipo «con medo ao principio, pero soubemos repoñernos e estabamos facendo un partido coma eles; e pouco a pouco fomos perdendo esa competitividade».
Tamén o sábado o San Tirso SD Cadete caeu co CD Lugo (1-2) e o Infantil superou ao Pontevedra CF (11-0).E o Cadete venceu ao RC Celta (0-2 na Madroa) nun dos choques da fin de semana. Ambos os equipos, os dous grandes candidatos ao título, chegaban empatados a 15 puntos á fronte da clasificación.Ademais, o San Tirso SD Infantil perdeu co AJ Lérez (3-1) no campo pontevedrés Manolo Barreiro.Finalmente na Torre xogaron o Alevín A (8-0), o Fabril FC Alevín (2-3) e o Fabril FC Benxamín (5-2).O partido ligueiro do Benxamín A (na foto inferior) ante o Santa María del Mar trasládase ao mércores 21 de outubro pola participación esta fin de semana do conxunto branquiazul na Kölner U10 Herbst Cup en Alemaña, torneo que rematou nunha brillante terceira posición.Os resultados da fin de semana foron os seguintes:Primera Federación8ª xornada: CD LUGO 3 - FABRIL 0Categoría xuvenilDivisión de Honor, 6ª xornada: XUVENIL A 3 (Diego Martínez e Miguel de Labra -2-) - SD COMPOSTELA 1Liga Nacional, 7ª xornada: XUVENIL B 4 (Nico Giovanni -2-, Gael e Antón) - CORUXO FC 2

Categoría cadeteDivisión de Honor, 6ª xornada: RC CELTA 0 - CADETE 2 (Íker Obeso e Asier Valverde)División de Honor, 6ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE 1 (Santi Durán) - CD LUGO 2Categoría infantilDivisión de Honor, 6ª xornada: INFANTIL 11 (Hugo Pardo -4-, Alejandro Astray, Yago Fernández -5- e Iago Pita) - PONTEVEDRA CF 0División de Honor, 6ª xornada: AJ LÉREZ 3 - SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Mateo Songo'o)Categoría alevínPrimera Futgal A Coruña, 5ª xornada: ALEVÍN A 8 (Leo Barro -3-, Pablo Gómez -2-, Manu Parada -2- e Nico Castro) - ATLÉTICO ARTEIXO 0Primera Futgal A Coruña, 5ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN 2 (Ian Lata e Hugo Cancela) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 3

Categoría benxamínPrimera Futgal A Coruña, 5ª xornada: BENXAMÍN A - SANTA MARÍA DEL MAR, o mércores 21 de outubro ás 18:15 en Santa María del MARPrimeira Futgal A Coruña, 5ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN 5 (Hugo Fernandez -4- e Xisco Muñoz) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 2Amigable: BENXAMÍN A 6 (Juan Crujeiras -3-, Tomás Lorenzo -2- e Óscar Lijó) - FV BONN ENDENICH '08' 0Kölner U10 Herbst Cup en AlemañaSábado 17 de outubroSV AUWEILER ESCH SCHWARZ 0 - BENXAMÍN A 10 (Jaime Fraga -4-, Álex Martínez -3-, Anxo Fernández, Tomás Lorenzo e Milan Songo'o)TSV MEERBUSCH 0 - BENXAMÍN A 0BENXAMÍN A 7 (Juan Crujeiras -2-, Anxo Fernández, Jaime Fraga, Izan Mallón, Diego Freire e Álex Martínez) - CfR PFORZHEIM 0GRASSHOPPERS CLUB 0 - BENXAMÍN A 2 (Juan Crujeiras e Álex Martínez)Segunda FaseBENXAMÍN A 3 (Álex Martínez, Jaime Fraga e Juan Crujeiras) - DJK HORDEL 0BENXAMÍN A 4 (Óscar Lijó, Izan Mallón, Anxo Fernández e Juan Crujeiras) - ST. TRUIDEN 0Domingo 18 de outubroBENXAMÍN A 1 (Álex Martínez) - MSV DUISBURGO 2BENXAMÍN A 1 (Juan Crujeiras) - HERTHA BERLÍN 0BENXAMÍN A 9 (Álex Martínez -3-, Juan Crujeiras -2-, Jaime Fraga -2-, Milan Songo'o e Anxo Fernández) - GEEMA TEMPELSEE OF 0
Fase FinalBENXAMÍN A 2 (Juan Crujeiras e Álex Martínez) - KV MECHELEN 0BENXAMÍN A 2 (Álex Martínez e Juan Crujeiras) - EINTRACHT FRANCFORT 2SemifinaisBENXAMÍN A 0 - BORUSSIA M'GLADBACH 1Partido polo terceiro e cuarto postoBENXAMÍN A 4 (Álex Martínez -2-, Jaime Fraga e Izan Mallón) - GRASSHOPPERS CLUB 0


Resultados da fin de semana ANOSACANTEIRA feminina, con derro...

Regreso en autocar e adestramento este luns 19 para As Nosas ...

O Dépor ABANCA supera á SD Eibar tras un longuísimo partido d...

A canteirá deportivista Antía Veiga comeza este luns 19 front...

O RC Deportivo estreita lazos coa Federación Caboverdiana de ...

Resultados deste sábado 17 en ANOSACANTEIRA feminina e calend...