RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Alberto Rodríguez lembra que «lle fixemos 3 goles a un equipo que levaba 4 en contra»

DÉPOR ABANCA · 19 OUTUBRO 2026

ALBERTO RODRÍGUEZ LEMBRA QUE «LLE FIXEMOS 3 GOLES A UN EQUIPO QUE LEVABA 4 EN CONTRA»

Alberto Rodríguez manifestou en Ipurúa que a clave do triunfo do Dépor ABANCA foi "igualar os duelos. A nivel de xogo directo é un equipo que che esixe moito, que che empurra moito. Non é só a primeira acción, senón que ás veces mesmo hai 3 duelos para poder baixar o balón e facer unha posesión longa. A medida que pasaban os minutos fomos atopándonos cómodas".Ademais, subliña o técnico deportivista que "estivemos moi ben co balón, sobre todo ata o 0-3, atopando os espazos que nos permitían atacar".Sobre os últimos minutos, lembra que "a SD Eibar ao final empúrrate porque xa non tiña moito máis que perder, e estrésate porque é un equipo que se sente moi cómodo niso e neses 10 últimos minutos levouno ao máximo nivel".Finalmente, Alberto Rodríguez subliña que o conxunto vasco "tiña 11 puntos por méritos propios, sacándolle moito rendemento aos marcadores axustados. Fixémoslle 3 goles a un equipo que levaba 4 en contra. Hai que valoralo"; pero advirte que "hai que corrixir non só os goles recibidos, senón tamén os erros que tivemos nesa defensa do xogo directo".

Real Club Deportivo de A Coruña