RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Dépor ABANCA supera á SD Eibar tras un longuísimo partido de 121 minutos, 5 goles e outros 2 anulados na revisión

DÉPOR ABANCA · 18 OUTUBRO 2026

O DÉPOR ABANCA SUPERA Á SD EIBAR TRAS UN LONGUÍSIMO PARTIDO DE 121 MINUTOS, 5 GOLES E OUTROS 2 ANULADOS NA REVISIÓN

O Dépor ABANCA retomou a competición cunha traballadísima vitoria por 2-3 nun longuísimo partido de máis de 121 minutos ante a SD Eibar este domingo 18 de outubro en Ipurúa.Este resultado deixa As Nosas con 8 puntos na 10ª posición da táboa da Liga F.Alberto Rodríguez destacou a complexidade do encontro polas revisións das xogadas e admitiu «un certo estrés por ese último gol. Viñamos a un contexto moi difícil e pouco a pouco levamos o partido a onde queriamos».O equipo puido contar coas internacionais que disputaron partidos coas súas seleccións neste parón ligueiro: Inês Pereira, Sofía Domínguez, Michi Apóstol e Daniela Caracas. Delas, as tres primeiras tiveron minutos.Eva Alonso volveu á titularidade no centro do campo, aínda que foi baixa Espe Pizarro, con molestias nun ombreiro pendentes de avaliación médica.En fronte estaba unha SD Eibar cunha brillante traxectoria esta temporada. O equipo armeiro chegaba ao choque na 5ª posición con 11 puntos e tan só 4 goles encaixados, todos nun mesmo partido. As Nosas marcáronlle hoxe 3 máis.O encontro comezou moi igualado e xa coa intervención da pantalla.No primeiro minuto de xogo, as eibarresas solicitaron penalti de Inês Pereira por derrubar a Aitana.A colexiada madrileña Alicia Espinosa, con moito traballo esta tarde, non apreciou pena máxima da internacional portuguesa tras ver a acción na televisión.O balón era do Dépor ABANCA, que case dobraba o seu rival en porcentaxe de posesión.Pero Ángeles del Álamo lograba o que parecía o primeiro tanto da tarde no minuto 24 ao recoller un rexeitamento do traveseiro despois do remate inicial da exdeportivista Samara e bater a Inês Pereira.Esta vez foi o banco do Dépor o que observou unha posición antirregulamentaria no inicio da xogada e solicitou a revisión.De novo achegouse a árbitra á pantalla e, tras varios minutos de consulta, anulou o gol por fóra de xogo.Sen ocasións claras chegouse ao longuísimo desconto da primeira metade.E aí apareceu Millene. A brasileira aproveitou un gran pase de Lucía Pardo entre as centrais locais para plantarse ante a porteira Wellmann e superala cunha fermosa vaselina.Co 0-1 chegouse ao descanso.

ranera1018.jpg

Tras o paso polos vestiarios, marca de novo a SD Eibar nunha longa xogada na área deportivista despois dun saque de esquina, con varios rexeitamentos que acaba resolvendo Carla cun forte disparo raso á rede a queimarroupa.Outra vez o banco do Dépor ABANCA solicita revisar a xogada por apreciar man da propia Carla no inicio da acción, cando cae ao chan na súa disputa con Eva Alonso, a súa par.Alicia Espinosa dálles a razón aos técnicos blanquiazules e, por segunda vez, anula a xogada. Corría o minuto 63.Alberto Rodríguez move o banco e dá entrada a Marisa por Millene. Un cambio decisivo para o devir do partido.A campioa do mundo fabricou o segundo tanto que encamiñaba a vitoria. Conduce unha contra, cede á súa esquerda para Lucía Pardo, que lle devolve o balón para que, soa ante Wellmann, o mande á rede.Tres minutos despois, no 84, é Marisa quen recibe ás costas da defensa e pasa para Lucía Pardo, que libre de marca logra o 0-3 superando a saída á desesperada da porteira da SD Eibar.Cando todo parecía sentenciado, o partido atopouse coa resistencia das vascas.No minuto 93 do longuísimo desconto polos cambios e a revisión, Carmen anticípase a Barth nun centro lateral á área e supera a Inês Pereira case a queimarroupa.Coa SD Eibar envorcada, chegaba o segundo tanto local xa no último minuto, o 115: Carla introduce o balón na portería ao recoller no segundo pau un defectuoso rexeitamento da defensa deportivista tras un centro á área.Non houbo tempo para máis e os 3 puntos veñen para A Coruña."O equipo fixo, sobre todo, un partido moi completo, adaptándose moito ao contexto de aquí. Estou moi contento por elas", resumiu Alberto Rodríguez.SD Eibar: Wellmann, Aitana, Carla, Adela, Carmen, Ali, Simona (Seidl, min. 76), E. Moreno, Ángeles del Álamo (De Meester, min. 61), Noelia e Samara (Nerea, min. 61)Deportivo ABANCA: Inês Pereira, Paula Novo, Barth, Adriana Ranera, Vega, Eva Alonso (Redru, min. 95), Olalla, Ainoa Gómez (Sofía Domínguez, min. 85), Lucía Rivas (Michi Apóstol, min. 85), Lucía Pardo (Monteagudo, min. 95) e Millene (Marisa, min. 71)Árbitra: Alicia Espinosa, do comité madrileño. Amoestou a Emma (min. 45), Ángeles del Álamo (min. 58), Simona (min. 67), Ali (min. 95) e Marisa (min. 95)Goles: 0-1 Millene (min. 45+3); 0-2 Marisa (min. 81); 0-3 Lucía Pardo (min. 84); 1-3 Carmen A. (min. 93); 2-3 Carla (min. 115)Incidencias: partido disputado en Ipurúa

abancacelebracion1018.jpg