
FUNDACIÓN · 26 XUÑO 2026
FIN DA PRIMEIRA SEMANA DO DÉPORCAMPUS 2026 COA ENTREGA DE DIPLOMAS NO DÉPOR TRAINING CENTER, LUGO, OUTES, SANXENXO E TERRAS DE MASIDE
A primeira semana do DéporCampus 2026 chegou este venres 26 de xuño á súa fin coa tradicional entrega de diplomas, poñendo o broche a uns días cheos de fútbol, aprendizaxe, diversión e deportivismo.A clausura foi moi especial xa que contou coa presenza de varios futbolistas de ANOSACANTEIRA, encargados de acompañar ás e aos participantes no peche desta primeira experiencia do verán.David Fernández e Yoel Darriba foron os padriños da sede de Lugo; Asier Valverde e Thiago Caamaño fixeron o propio en Terras de Maside; Pablo Gandarela compartiu a xornada final cos nenos e nenas de Outes; mentres que Damián Canedo, Hugo Ríos e Xabi Campos (na foto principal da nova) participaron na clausura do Dépor Training Center. A estas sedes sumouse tamén a de Sanxenxo, completando unha primeira semana de gran éxito.En total, 400 nenos e nenas, de entre 6 e 14 anos (nados entre 2012 e 2020, ambos incluídos), gozaron dunha experiencia inesquecible, independentemente do seu nivel ou experiencia futbolística. Unha vez máis, o DéporCampus volveu converterse nunha das grandes referencias do verán galego, combinando formación deportiva, convivencia e os valores que identifican ao RC Deportivo.Coa ilusión intacta e moitos sorrisos como recordo, o DéporCampus continúa o seu percorrido estival levando a paixón polo fútbol e o sentimento branquiazul a centos de novas e novos futbolistas.Desta forma, a segunda semana, comprendida entre o 29 de xuño e o 3 de xullo, contará coas sedes do Dépor Training Center, Caranza, Cee e Colexio Internacional de Eirís.Ademais, o martes 30 de xuño ás 14:00 conclúe o prazo de inscrición en Monforte de Lemos, Ourense, Santa Comba e Caranza (2ª semana).Tamén están abertas as sedes de Boiro, Cedeira, Cuntis, Silleda, Villa de Marín, Vilalba e Zas.O Dépor Training Center, Bertamiráns e o Colegio Santa María del Mar teñen as súas prazas esgotadas.

Os adestradores e adestradoras de ANOSACANTEIRA implantan a metodoloxía de adestramento que os equipos de ANOSACANTEIRA levan a cabo no Dépor Training Center.Así, as e os participantes realizan:-Circuitos coordinativos.-Xogos de relación con balón.-Habilidade con balón.-Desafíos técnicos.-Xogos de posición.-Partidos reducidos ou minipartidos.-Xogo real cunha liga interna.

Os obxectivos marcados son os seguintes:-Aprender e desenvolver a coordinación a través de xogos coordinativos.-Aprender as habilidades e conceptos na relación co corpo.-Aprender as habilidades e conceptos na relación co balón.-Traballar os fundamentos técnico-tácticos cunha metodoloxía analítica.-Competir e gozar mediante partidos en diferentes espazos.-Transmitir os valores que representa o Dépor: RESPECTO, SOLIDARIEDADE, AMIZADE, XOGO LIMPO, INTEGRACIÓN, ESFORZO E FELICIDADE.Toda a información sobre cada sede, cada quenda, horarios e demais preguntas frecuentes atópase premendo aquí, onde se pode realizar todo o proceso de inscrición e contacto, que tamén se pode establecer a través de [email protected].

Calendario de sedesDurante a 3ª semana, do 6 ao 10 de xullo, o campus celebrarase en Monforte, Santa Comba, Caranza, Colegio Internacional Eirís e Colegio Santa María del Mar.Na 4ª semana, do 13 ao 17 de xullo, as sedes serán Bertamiráns, Boiro, Villalba e Silleda.Na 5ª semana, do 20 ao 24 de xullo, o campus chegará a Zas e Cuntis.Finalmente, na 6ª semana, do 27 ao 31 de xullo, as actividades desenvolveranse en Cedeira e Marín.As novidades nas sedes do Dépor Training Center, en funcionamento as 6 semanas, e o Colexio Santa María del Mar este ano 2026 será que contan con servizo de madrugadores.


O Alevín A tamén se clasificou para a final do Trofeo Mini Te...

A RC Deportivo Fundación organiza unha recollida solidaria de...

Íker Vidal continuará no Fabril até 2027

O Alevín A, o Benxamín A e o Fabril FC Alevín brillan na gala...

Pleno de triunfos do Dépor ABANCA Cadete e Dépor ABANCA Infan...

O DéporCampus de Santa María del Mar preséntase coas súas pra...