RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Antonio Hidalgo colle a batuta do Dépor

O Dépor 2025-26 botou a andar esta tarde no campo 2 de Abegondo baixo a batuta de Antonio Hidalgo.

Os futbolistas, que pasaron esta mañá probas médicas e físicas entre a Cidade Deportiva e o Hospital Quirónsalud A Coruña, tiveron o primeiro contacto co balón.

A tarde, calorosa, comezou cunha activación dirixida polos preparadores físicos Roberto Cabellud e Sergio Roca.

A continuación, o corpo técnico composto ademais por Ignasi Salafranca (segundo adestrador), Óscar Hernández (adestrador asistente) e Álex Antón (adestrador asistente) dispuxo uns rondos e un exercicio de posición.

Alberto Casal, pola súa banda, realizou o seu adestramento máis específico cos 4 porteiros: Helton Leite, Germán Parreño, Erik Puerto e Brais Suárez.

Jose Ángel e Arnau Comas tiveron adestramento personalizado.

Este martes 8 de xullo haberá unha segunda quenda de probas médicas e físicas entre Abegondo e o Hospital Quirónsalud A Coruña, e unha nova sesión de traballo a partir das 18:00 horas no campo 2.