RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Sada celebra o fin de curso da Escola RC Deportivo cun sinxelo recoñecemento aos seus alumnos e alumnas

A sede de Sada da Escola RC Deportivo celebrou o fin de curso con sinxelo recoñecemento aos 90 nenos e nenas que conformaron as súas 4 quendas: mércores ás 16:15 e 17:15; e venres ás 16:15 e 17:15.

Os monitores entregaron o diploma aos alumnos e alumnas e puxeron punto e final a 8 meses de fútbol, coa visita dun futbolista do primeiro cadro como Gauto; cunha xornada de convivencia en Abegondo; e cunha visita a ABANCA-RIAZOR, incluída a invitación ao partido do Dépor xuvenil da Copa de Campións ante o CD Tenerife.

O pasado mes de outubro arrincou un novo curso, o sétimo, da Escola RC Deportivo nestas sedes: Alvedro, Outes, Colexio Jesuitinas e Colexio Internacional Eirís; ás que houbo que engadir Sada e Zas.

Esta escola profesional de fútbol está destinada a todos os nenos e nenas entre 6 e 14 anos que desexen complementar a súa formación de maneira máis específica con adestradores da canteira do RC Deportivo, independentemente do seu nivel de práctica.

Ademais, na súa localización da Cidade Deportiva Arsenio Iglesias na Torre desenvolveu a súa actividade a Escola RC Deportivo Diversidade Funcional, destinada a todas as persoas con diversidade funcional entre 16 e 40 anos que desexen iniciarse no fútbol ou complementar os seus adestramentos de maneira máis específica con adestradores do equipo Genuine do RC Deportivo. 

Este ano, a Escola RC Deportivo Diversidade Funcional puxo en marcha unha nova quenda os martes de 16:00 a 18:00 horas para alumnos e alumnas de 8 a 14 anos.

Toda a información acerca de tarifas, horarios, que inclúe a actividade, etc... pode consultarse en http://escola.rcdeportivo.es.

Para calquera dúbida ou consulta acerca da actividade así como calquera problema co proceso de inscrición poden contactar coa organización no correo electrónico escola@rcdeportivo.es.