RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Fin de curso para os 30 alumnos e alumnas da Escola RC Deportivo Diversidade Funcional

O curso 2024-25 para a Escola RC Deportivo Diversidade Funcional, con sede na Cidade Deportiva Arsenio Iglesias da Torre, chegou ao seu fin coa emocionante repartición de diplomas aos 30 alumnos e alumnas de todas as idades participantes.

Este ano, ademais dos mércores ás 16:00 e ás 17:00, a Escola RC Deportivo Diversidade Funcional puxo en marcha unha nova quenda os martes de 16:00 a 18:00 horas para alumnos e alumnas de 8 a 14 anos.

Ademais de practicar o deporte do fútbol como vía de inclusión social cos adestradores do Dépor Genuine, os alumnos e alumnas puideron gozar dunha visita ao Estadio ABANCA-RIAZOR e asistir en directo ao partido entre o Dépor xuvenil e o CD Tenerife da Copa de Campións.

O pasado mes de outubro arrincou un novo curso, o sétimo, da Escola RC Deportivo ademais con estas outras sedes: Alvedro, Outes, Colexio Jesuitinas e Colexio Internacional Eirís; ás que houbo que engadir Sada e Zas.

Esta escola profesional de fútbol está destinada a todos os nenos e nenas entre 6 e 14 anos que desexen complementar a súa formación de maneira máis específica con adestradores da canteira do RC Deportivo, independentemente do seu nivel de práctica.

Toda a información acerca de tarifas, horarios, que inclúe a actividade, etc... pode consultarse en http://escola.rcdeportivo.es.

Para calquera dúbida ou consulta acerca da actividade así como calquera problema co proceso de inscrición poden contactar coa organización no correo electrónico escola@rcdeportivo.es.