RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

O Cadete, subcampión da División de Honra após o último partido oficial na temporada 2024-25 de ANOSACANTEIRA

Os dous equipos cadetes finalizaron esta semana a División de Honra e, con iso, a temporada 2024-25 en #ANOSACANTEIRA a nivel oficial.

Hoxe sábado 7 de maio o Dépor xogábase o título no seu man a man co RC Celta.

Os branquiazuis, que se medían en Abegondo á SD Compostela, comezaban esta última xornada segundos na táboa con 92 puntos por 94 dos celestes, que a esa mesma hora recibían na Madroa ao ED Xuventude de Oroso.

Así pois para ser campión, o Cadete tiña que gañar o seu encontro e esperar unha derrota do RC Celta.

Os deportivistas cumpriron posto que gañaron 7-1 pero tamén o fixeron os célticos: 5-1.

Así pois, o Cadete é subcampión de liga con 95 puntos, a 2 do campéon; con 31 partidos gañados, 2 empatados e 1 perdido; e con 157 goles a favor e 26 en contra.

Así mesmo, o xoves 5, o San Tirso SD Cadete pechou a súa campaña con derrota por 3-2 ante o CD Areosa no campo da Xunqueira en Comesaña (Vigo).

Os 'verdes' quedaron nunha brillante 4ª posición posto que son futbolistas todos no seu primeiro ano na categoría. Sumaron 62 puntos con 19 triunfos, 5 empates e 10 derrotas; con 83 goles a favor e 63 en contra.

Ademais, no seu cadro militaron os internacionais Raúl Lema ou Nikolay Dyulgerov.

Os resultados dos dous últimos partidos da temporada oficial en ANOSACANTEIRA foron os seguintes:

Categoría cadete
34ª xornada (última): CADETE 7 (Nico -2-, Pablo Crespo, Ander e Elías Trigo -3-) - SD COMPOSTELA 1
34ª xornada (última), (xoves 5 de xuño): CD AREOSA 3 - SAN TIRSO SD CADETE 2 (Anxo -2-)