RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina, con triunfo do Orzán SD Sub-21 en Tercera Federación

Este domingo 1 de febreiro retornaron á competición o Dépor ABANCA B e o Orzán SD Sub-21 após o parón da semana pasada.

O filial caeu por 5-0 ante a Real Sociedad B en Zubieta.

A pesar da derrota, o conxunto deportivista mantense en 11ª posición da táboa de Segunda Federación con 15 puntos.

Debutou a dianteira Karla Bermejo, cedida até final de temporada polo Racing Power da Primera División de Portugal.

É internacional en categoría sub-16, sub-17 e sub-19.

Precisamente esta semana, dúas canteirás, Lucía Rivas e Redru, ambas as en dinámica do primeiro equipo, participaron nuns adestramentos coa selección española sub-19.

Pola súa banda, o Orzán SD Sub-21 (na foto principal da noticia) impúxose por 4-1 ao Domaio FC. 

As orzanistas, con este resultado, suman 20 puntos na 7ª posición.

A fin de semana concluíu coa derrota por 2-0 do Orzán SD Xuvenil, en Primera Autonómica, fronte ao Atlético San Pedro.

Dous partidos xogáronse este sábado 31 en ANOSACANTEIRA feminina.

O Orzán SD Cadete superou á SD Rápido de Neda (9-0 na Torre) e o Orzán SD Infantil B non puido co Bergantiños CF (2-0 no Anexo das Eiroas).

Finalmente, a vitoria por 0-11 do Orzán SD Infantil A ante o CF Batallador, correspondente á 14ª xornada na Liga Galega infantil, abriu este venres 30 de xaneiro no Dépor Training Center o calendario semanal en ANOSACANTEIRA feminina. 

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda Federación
16ª xornada: REAL SOCIEDAD B 5 - DEPORTIVO ABANCA B 0

Terceira Federación
15ª xornada: ORZÁN SD SUB-21 4 (Dunia Dahmouni, Carmen Couto -2- e Daniela Barbanzán) - DOMAIO FC 1

Primera Autonómica
16ª xornada: ATLÉTICO SAN PEDRO 2 - ORZÁN SD XUVENIL 0

Liga Galega cadete
14ª xornada: ORZÁN SD CADETE 9 (Alba García -3-, Daniela Arrojo, Inés Neira, Carmen Couto -3- e Daniela Barbanzán) - SD RÁPIDO DE NEDA 0

Liga Galega infantil
Grupo 1º, 14ª xornada: CF BATALLADOR 0 - ORZÁN SD INFANTIL A 11 (Daniela Mingo -3-, María López-Perales -3-, Inés Neira -2-, Vera Melki, Zoe Mahía e Elena Domínguez)

Grupo 2º, 14ª xornada: BERGANTIÑOS CF 2 - ORZÁN SD INFANTIL B 0