Este domingo 1 de febreiro retornan á competición o Dépor ABANCA B e o Orzán SD Sub-21 após o parón da semana pasada.
O filial, 11º na táboa de Segunda Federación con 15 puntos, visita á Real Sociedad B ás 12:00 en Zubieta.
A dianteira Karla Bermejo, cedida até final de temporada polo Racing Power da Primera División de Portugal, xa se adestrou este venres coas súas novas compañeiras.
É internacional en categoría sub-16, sub-17 e sub-19.
Precisamente esta semana, dúas canteirás, Lucía Rivas e Redru, ambas as en dinámica do primeiro equipo, participaron nuns adestramentos coa selección española sub-19.
Pola súa banda, o Orzán SD Sub-21, instalado na zona media da Tercera Federación, recibe na Torre (16:00) ao Domaio FC.
A fin de semana conclúe co encontro do Orzán SD Xuvenil, en Primera Autonómica, fronte ao Atlético San Pedro, ás 17:30 en Iñás.
Dous partidos xogáronse este sábado 31 en ANOSACANTEIRA feminina.
O Orzán SD Cadete superou á SD Rápido de Neda (9-0 na Torre) e o Orzán SD Infantil B non puido co Bergantiños CF (2-0 no Anexo das Eiroas).
Finalmente, a vitoria por 0-11 do Orzán SD Infantil A ante o CF Batallador, correspondente á 14ª xornada na Liga Galega infantil, abriu este venres 30 de xaneiro no Dépor Training Center o calendario semanal en ANOSACANTEIRA feminina.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Segunda Federación
16ª xornada: REAL SOCIEDAD B - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 1 de febreiro ás 12:00 en Zubieta
Tercera Federación
15ª xornada: ORZÁN SD SUB-21 - DOMAIO FC, o domingo 1 de febreiro ás 16:00 na Torre (campo 2)
Primera Autonómica
16ª xornada: ATLÉTICO SAN PEDRO - ORZÁN SD XUVENIL, o domingo 1 de febreiro ás 17:30 en Iñás
Liga Galega cadete
14ª xornada: ORZÁN SD CADETE 9 (Alba García -3-, Daniela Arrojo, Inés Neira, Carmen Couto -3- e Daniela Barbanzán) - SD RÁPIDO DE NEDA 0
Liga Galega infantil
Grupo 1º, 14ª xornada: CF BATALLADOR 0 - ORZÁN SD INFANTIL A 11 (Daniela Mingo -3-, María López-Perales -3-, Inés Neira -2-, Vera Melki, Zoe Mahía e Elena Domínguez)
Grupo 2º, 14ª xornada: BERGANTIÑOS CF 2 - ORZÁN SD INFANTIL B 0
