Un único partido xogouse esta fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina.
Este sábado 14 de marzo o Dépor ABANCA B sumou 1 punto ao empatar (2-2) co Olímpico de León.
Foi o segundo partido consecutivo do filial lonxe do Dépor Training Center despois doutro valioso empate cultivado en Lezama a pasada fin de semana ante o líder, o Athletic Club B.
As Nosas continúa na 11ª posición da Segunda Federación con 22 puntos.
Foi baixa Michi Apóstol, que sufriu no transcurso dun adestramento coa selección venezolana unha fractura de clavícula. A canteirá foi intervida cirurxicamente con éxito no Hospital Quirónsalud A Coruña.
Teñen descanso o Orzán SD Sub-21 en Tercera Federación, o Orzán SD Xuvenil en Primera Autonómica e o Orzán SD Cadete na Liga Galega.
Así mesmo concluíron a primeira fase da temporada os dous equipos infantís.
O A acabou á fronte do grupo 1º con 43 puntos os mesmos que o Racing de Ferrol (2º clasificado). As orzanistas gañaron 14 partidos, empataron 1 e perderon 1; con 122 goles marcados e 9 anotados.
Pola súa banda, o Orzán SD Infantil B concluíu en 4ª posición do grupo 2º con 29 puntos, após 8 partidos gañados, 5 empatados e 5 perdidos; e 30 goles a favor por 24 en contra.
Os resultados da fin de semana foron os seguintes:
Segunda Federación
21ª xornada: OLÍMPICO DE LEÓN 2 - DEPORTIVO ABANCA B 2 (Daniela Valbuena -2-)
