RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Resultados de hoxe da canteira e convocatoria do Fabril para mañá ante o Pontevedra en Abegondo

- Foto: Diego Rodríguez - Boa xornada para os equipos de categorías inferiores do Deportivo, especialmente para os cadetes polo importante das súas vitorias de face á resolución do Campionato, nunha xornada que se completa ma&ntil

O filial recibirá ao Pontevedra ás 17.00 horas no Mundo do Fútbol, en partido pertencente á xornada trigesimoprimera na Terceira División. José Luís Devesa citou para este partido a estes futbolistas: Marc, David, Cañi, Callón, Lemos, Aarón, Miguel, Sidibe, Deak,  Adrián, Queijeiro, Romay, Anxo, Remeseiro, Nierga e Dani Igrexas. Son baixa por lesión: Tonci Mujan, Álex,Toni e Uxío.

Como é habitual, os socios deportivistas teñen libre acceso á cidade deportiva co seu carné anual ou mensual. Para o público, a entrada sénior costa 12 euros.

Hoxe sábado, os dous equipos de cadetes do Deportivo deron un paso de xigante para revalidar os títulos de campións da División de Honra e da liga  Galega.

O Cadete A impúxose ao Celta (0-1) con gol de Adrián. Ambos os equipos chegaban ao encontro igualados a 64 puntos. Agora, a vantaxe para os branquiazuis é de 3 puntos máis o golaverage, posto que na ida tamén houbo vitoria deportivista (2-1). O susto do fin de semana protagonizouno Aarón, hospitalizado tras sufrir un forte golpe e perder uns segundos o coñecemento. O novo futbolista quedará esta noite en observación no Hospital Meixoeiro de Vigo, cun traumatismo cranioencefálico leve.

En Ferrol, o Cadete B empatou (1-1) co Galicia de Caranza. Os deportivistas son líderes da liga Galega con 68 puntos, 4 máis que o rival, segundo clasificado e único obstáculo para o título.

Mañá domingo, ademais do Fabril, o Xuvenil A recibirá ao líder da División de Honra, o Real Racing Club de Santander. Será ás 11.30 no campo número 3 de Abegondo.

Os socios teñen entrada gratuíta co seu carné anual ou mensual. Para o público en xeral, a entrada custa 4 euros.

O calendario de partidos, cos resultados de hoxe sábado, é o seguinte:

Terceira División
FABRIL - PONTEVEDRA, mañá domingo 23 de marzo ás 17.00 horas en Abegondo

Categoría xuvenil
División de Honra: XUVENIL A - REAL RACING CLUB, mañá domingo 23 de marzo ás 11.30 en Abegondo

Liga Nacional: CELTA B 3 - XUVENIL B 3 (Bili, Miguel Real e Keko)

Categoría cadete
División de Honra: CELTA A 0 - CADETE A 1 (Adrián)

Liga Galega: GALICIA CARANZA 1 - CADETE B 1 (Manu Ramos)

Categoría infantil
Liga Galega, Play Off polo título: CORUXO 2 - INFANTIL A 4 (Paxaro, César, Álex e Álex Alonso)

Primeira Autonómica, grupo 1º: INFANTIL B 4 (Javi Calviño, Pichu (2) e Lucas) - CIDADE XARDÍN 0

Categoría alevín
Trofeo Luís Calvo de fútbol once: SAN TIRSO 2 - ALEVÍN A 4 (Fito, Xavi Viña, Añón e Mateo)

Copa de fútbol oito: DEPORTIVO CIDADE 0 - ALEVÍN B 16 (Álvaro (2), Iago, Nils, Pablo Buján (2), Robertito, Martín (3), David, Chucas (3), Novoa e Miguel)

Categoría benjamín
Play Off polo título: CALASANZ A 1 - BENJAMÍN A 8 (Sergio, Hugo García, Iván (2), Eloy, Enrique (2) e Brais)

Play Off Consolación: BENJAMÍN B 4 (Manuel, D. Domínguez, Dani e un futbolista rival en propia meta) - ATLÉTICO ARTEIXO A 1