#ANOSACANTEIRA volveu ao céspede trala histórica e emocionante noite do Xuvenil A en ABANCA-RIAZOR ante o FC Dynamo Kyiv que novamente deu a volta a Europa.
O filial masculino en Tercera RFEF, tralo adiamento do seu partido ante o CD Choco por COVID no vestiario pontevedrés da xornada pasada, caeu (0-1) en Abegondo ante outro dos fanfurriñeiros do grupo, o Ourense CF.
Pola súa banda, o Xuvenil A, vixente campión de España, volveu trala súa xesta europea á liga no grupo 1º da División de Honra hoxe domingo no campo Álvarez Rabanal de Oviedo ante o CD Covadonga. Os branquiazuis venceron (1-3) e non perden o ronsel do líder, o RC Celta.
En canto ao resto de categorías, incluídos os alevíns e benxamíns na Torre, a maior parte dos partidos celebráronse onte sábado 12.
En Abegondo xogaron, e gañaron, o Xuvenil B (3-1 ao Porriño Industrial FC) e Infantil (6-0 ao Galicia Caranza). Ambos os conxuntos marchan á fronte da Liga Nacional e o subgrupo B norte da Liga Galega respectivamente.
E fóra competiron, e tamén venceron, o Orzán SD Cadete Feminino (0-6 en Caldas), Orzán SD Infantil Feminino (1-3 no campo Víctor Fernández Alonso da Coruña ante o Victoria CF) e Cadete (0-7 na Grela 1 ante o Victoria CF), este último co título practicamente amarrado no subgrupo A da División de Honra.
Para hoxe domingo 13, ademais do Fabril e do Xuvenil A citados anteriormente, quedou o partido do Orzán SD Xuvenil Feminino nas Eiroas ante o Bergantiños CF (1-0), correspondente á 12ª xornada e que foi aprazado no seu día por casos de COVID no vestiario bergantiñán.
Deportivo ABANCA B e o Fabril FC Benxamín tiveron xornada de descanso aínda que o partido do conxunto fabrilista o pasado martes 8 de febreiro na Torre (1-4) ante o Imperátor OAR, correspondente á 5ª xornada no subgrupo A de Primeira A Coruña e que foi aprazado no seu día por COVID no vestiario rojillo, abriu o calendario semanal de partidos.
Os resultados da fin de semana foron os seguintes:
Terceira RFEF
23ª xornada: FABRIL 0 - OURENSE CF 1
Categoría feminina
Primeira División Galega, subgrupo A, 12ª xornada: BERGANTIÑOS CF 1 - ORZÁN SD XUVENIL FEMININO 0
Liga Galega Cadete, 13ª xornada: CALDAS CF 0 - ORZÁN SD CADETE FEMININO 6 (Paula Sánchez -3-, Maca González -2- e Noelia Furelos)
Liga Galega subgrupo 1º, 13ª xornada: VICTORIA CF 1 - ORZÁN SD INFANTIL FEMININO 3 (Lola Nieto -2- e Sofía Rodríguez)
Categoría xuvenil
División de Honra, 20ª xornada: CD COVADONGA 1 - XUVENIL A 3 (Martín Ochoa, Nacho e Padín)
Liga Nacional, 20ª xornada: XUVENIL B 3 (Ogando, Nico e Kevin) - PORRIÑO INDUSTRIAL FC 1
Categoría cadete
División de Honra, subgrupo A, 18ª xornada: VICTORIA CF 0 - CADETE 7 (Guerrero -3-, Jaime -2-, Lucas Taibo e Jorge García)
Categoría infantil
Liga Galega, subgrupo B norte, 17ª xornada: INFANTIL 6 (Janusz, Rubén -2-, Marcos -2- e Lucas) - GALICIA CARANZA 0
Categoría alevín
Primeira A Coruña, subgrupo A, 8ª xornada: IMPERÁTOR OAR 0 - ALEVÍN A 6 (Iago Lameiro -3-, Raúl -2- e Guille)
Primeira A Coruña, subgrupo B, 8ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN 2 (Nico Torres e Javi Barral) - CD CALASANZ 1
Categoría benxamín
Primeira A Coruña, subgrupo A, 8ª xornada: URAL ESPAÑOL CF 0 - BENXAMÍN A 5 (Álvaro Gómez -2-, Nacho Villanueva, Hugo Luaces e Iván Gil)
Primeira A Coruña, subgrupo A, 5ª xornada (xogado o pasado martes): IMPERÁTOR OAR 1 - FABRIL FC BENXAMÍN 4 (Álvaro Rodríguez -2-, Hugo Quintela e Hugo Bujía)



