RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ACTUALIDADE

Resultados en #ANOSACANTEIRA e calendario para mañá domingo, co Fabril ante o Arousa como partido destacado

Mañá domingo a atención en #ANOSACANTEIRA está centrada na visita do Fabril, líder da Tercera RFEF, con 35 puntos, ao Arosa SC, 2º con 33. A primeira praza está pois en xogo na Lomba a partir das 17:00 horas.

Óscar Gilsanz leva a Vilagarcía aos seguintes xogadores: Brais Suárez, Hugo Ríos, Marc Lachèvre, Marcel, Iano Simão, Fito, Dani Barcia, Puerto, Brais Val, Rubén, Barba, Jairo, Diego Gómez, Jesús Ares, Iñaki, Nájera, Iván e Martín Ochoa.

Ás 12:00, o Deportivo ABANCA B visita ao CD Oceja, en partido correspondente á 17ª xornada que se xogará no Municipal Carlos Alonso de Santillana del Mar.

Son baixa de maneira forzosa Paula Monteagudo, citada polo primeiro equipo para o partido en Tajonar; e as lesionadas Noela e Paula Novo. Esta última futbolista, xa internacional coas categorías inferiores da selección española, terá que estar varios meses afastada dos terreos de xogo por unha rotura do ligamento cruzado do seu xeonllo esquerdo.

Así pois, a convocatoria está formada por: Nuria Gómez, Reigosa, María Calvo, Uxía Cabada, Lucía Mariño, Elena López 'Cusi', Lucía Couto, Celia, Carmen Carballada, Laura Testa, Marta Rico, Tati e Laura Otero; ademais de Elena Vázquez, Abril Pazos, Laura Santos e Lucía Rivas, todas elas cadetes do Orzán SD.

O pasado martes, o filial feminino disputou un amigable ante a selección galega sub-17.

Kevin Cabado contou para este encontro tamén con Abril Pazos e Yaiza García, cadetes do Orzán SD; e Iria Otero, Antía Brage, Ivana Fernández e Noe Gómez, xuvenís do Orzán SD.

Pola súa banda, na selección galega sub-17 aliñáronse a canteirás Laura Otero, do Dépor ABANCA B; Uxía López, Martina Rivas e Uxía Rabuñal, todas elas xuvenís do Orzán SD; e Lucía Rivas, Elena Vázquez, Sara Cercido, Laura Santos e Maca González, cadetes do Orzán SD.

Aínda que o resultado é o de menos, gañaron as branquiazuis (2-1), con tantos de Celia e Antía Brage.

Tamén mañá domingo en Abegondo, o Xuvenil A regresa á liga ás 11:00 fronte ao CD Marina Sport. Os branquiazuis lideran a División de Honra con 1 punto de vantaxe sobre o Sporting de Gijón e 2 sobre o RC Celta.

O pasado mércores, os pupilos de Manuel Pablo ofreceron outra memorable tarde de fútbol ao eliminar ao Atlético de Madrid nos oitavos de final da Copa do Rei, eliminatoria a partido único en Abegondo.

Os colchoneiros fóronse ao descanso con vantaxe (0-2) pero os branquiazuis déronlle a volta esporeados por #ANOSAFORZA, que abarrotou a Cidade Deportiva, con goles de Mardones, Martín Ochoa e Diego Gómez.

O próximo 15 de febreiro, o Villarreal CF será o rival nos cuartos de final, tamén a partido único.

En rolda de prensa onte venres, Óscar Cano cualificou de "marabilloso" o partido ante o Atlético de Madrid: "Encantoume o non renderse nunca. Podemos nomear xogadores que a min me gustaron e imos coincidir todos. Aos bos vémolos todos rapidamente. Empezouse ben. Logo houbo un momento até o descanso que houbo un ballón por parte do Atlético de Madrid. Puxéronse 0-2 e mesmo puideron ser algún máis. E que maneira de repoñerse. Esa sensación de empezar a segunda parte e non darse por vencidos. Ver a todos os rapaces enchufados, ver como pelexaron nun ambiente que non era agradable ao ir 0-2. Pero todos sentiamos que iamos remontar. Xerouse esa dinámica que fixo que o partido se decantase cara a nós. Hai 4 ou 5 rapaces que se os deixamos crecer como deben crecer teñen un gran futuro por diante".

No resto da xornada dominical queda o partido en casa do Orzán SD Xuvenil Feminino (16:00 na Torre ante o Bergantiños CF); e fóra o do Orzán SD Cadete B Feminino (18:00 no campo Víctor Fernández Alonso ante o Eirís SD) e o do San Tirso SD Cadete (11:00 no Baltasar Pujales fronte ao Rápido de Bouzas).

Hoxe sábado 28, ademais do Alevín A e dos dous equipos benxamíns na Torre, e do Fabril FC Alevín en Betanzos, gañou (2-1) en Abegondo o Infantil ao Pabellón Ourense CF.

Na Coruña competeu o Orzán SD Cadete Feminino ante o Victoria CF (triunfo por 0-2); en Vigo o Xuvenil B ante o CVC Valladares (1-2); en Lugo o Cadete (0-2); e en Pontevedra o San Tirso SD Infantil ante o EF Portero 2000 (3-3).

O vestiario do equipo cadete do Dépor celebra a recente convocatoria de Pablo García Taboada para disputar dous amigables ante Polonia o martes 31 de xaneiro e o xoves 2 de febreiro no Estadio Guillermo Amor de Benidorm.

Finalmente, esta fin de semana non hai xornada no subgrupo A da Liga Galega infantil feminina, na que participa o Orzán SD Infantil.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Tercera RFEF
18ª xornada: AROSA SC - FABRIL, o domingo 29 de xaneiro ás 17:00 na Lomba (Vilagarcía)

Categoría feminina
Amigable: DEPORTIVO ABANCA B 2 (Celia e Antía Brage) - SELECCIÓN GALEGA SUB-17 1
Primeira Nacional, 17ª xornada: CD OCEJA - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 29 de xaneiro ás 12:00 no Municipal Carlos Alonso (Santillana del Mar)

Primeira Autonómica, 18ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL FEMININO - BERGANTIÑOS CF, o domingo 29 de xaneiro ás 16:00 na Torre

Segunda Autonómica, subgrupo 1º, 14ª xornada: EIRÍS SD - ORZÁN SD CADETE B FEMININO, o domingo 29 de xaneiro ás 18:00 no campo Víctor Fernández Alonso (A Coruña)

Liga Galega cadete, subgrupo A, 14ª xornada: VICTORIA CF 0 - ORZÁN SD CADETE FEMININO 2 (Sofía Rodríguez -2-)

Categoría xuvenil
Copa do Rei, oitavos de final: XUVENIL A 3 (Mardones, Martín Ochoa e Diego Gómez) - ATLÉTICO DE MADRID 2
División de Honra, 18ª xornada: XUVENIL A - CD MARINA SPORT, o domingo 29 de xaneiro ás 11:00 en Abegondo

Liga Nacional, 18ª xornada: CVC VALLADARES 1 - XUVENIL B 2 (Domínguez e Juan Barros)

Categoría cadete
División de Honra, 20ª xornada: CD LUGO 0 - CADETE 2 (Xian e Lucas)

División de Honra, 20ª xornada: RÁPIDO DE BOUZAS - SAN TIRSO SD CADETE, o domingo 29 de xaneiro ás 11:00 no campo Baltasar Pujales

Categoría infantil
División de Honra, 17ª xornada: INFANTIL 2 (Nico e Borja) - PABELLÓN OURENSE CF 1

División de Honra, 17ª xornada: EF PORTERO '2000' 3 - SAN TIRSO SD INFANTIL 3 (Sergio -2- e Nikolay)

Categoría alevín
Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 1º, 10ª xornada: IMPERÁTOR OAR 0 - ALEVÍN A 4 (Iker Obeso, Thiago Montes, Daniel Alonso e Mario González)

Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 2º, 10ª xornada: BETANZOS CF 1 - FABRIL FC ALEVÍN 7 (David Gómez -2-, Álvaro Gómez, Hugo Pousa, Hugo Macedo, Hugo Luaces e un futbolista rival en propia meta)

Categoría benxamín
Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 1º, 10ª xornada: BENXAMÍN A 10 (Hugo Quintela -3-, Alejandro Astray -2-, Mateo Carballeira -2-, Javi Meiriño, Miguel Candal e Hugo Bujía) - OZA JUVENIL SD 0

Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 1º, 10ª xornada: VICTORIA CF 2 - FABRIL FC BENXAMÍN 0