RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados en ANOSACANTEIRA feminina e calendario de mañá domingo, co Dépor ABANCA B en Abegondo ante o Sporting de Gijón B

Dous partidos mañá domingo 16 ás 17:00 centran a atención en ANOSACANTEIRA feminina.

En Abegondo, o Dépor ABANCA B, líder da Tercera Federación, recibe ao Sporting de Gijón B.

No filial, Redru e Elena Vázquez foron citadas pola selección española sub-19 para uns adestramentos na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid).

As canteirás toman a substitución neste combinado nacional de Marina Artero e de Olaya.

Tamén Dunia Dahmouni acudirá coa selección sub-20 de Marrocos a un torneo en Turquía.

E en Madroa, o Orzán SD Sub-21 enfróntase ao RC Celta B no máis alto da Primera Autonómica.

Completa a atractiva xornada dominical o choque do Orzán SD Xuvenil, tamén ás 17:00, na Reigosa ante o PM Friol B, pertencente á 20ª xornada en Segunda Autonómica.

Antes, hoxe sábado 15 xogaron e gañaron o Orzán SD Cadete ante o Sporting Burgo (4-1), o Orzán SD Infantil A (na foto principal da noticia) fronte ao CF Batallador SD (0-10) e o Orzán SD Infantil B contra o CD As Pontes (3-2).

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Tercera Federación
20ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - SPORTING DE GIJÓN B, mañá domingo 16 de febreiro ás 17:00 en Abegondo

Primera Autonómica
20ª xornada: RC CELTA B - ORZÁN SD SUB-21, mañá domingo 16 de febreiro ás 17:00 na Madroa (campo 2)

Segunda Autonómica
20ª xornada: PM FRIOL B - ORZÁN SD XUVENIL, mañá domingo 16 de febreiro ás 17:00 no campo da Reigosa (Friol)

Liga Galega cadete
16ª xornada: ORZÁN SD CADETE 4 (Marta Moreno -3- e Naiara Fontenla) - SPORTING BURGO 1

Liga Galega infantil
16ª xornada: CF BATALLADOR SD 0 - ORZÁN SD INFANTIL A 10 (Alba García -4-, Carolina Lago -3-, María López-Perales -2- e Leire Vicente)
16ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B 3 (Nerea Cruz -2- e Daniela Loureiro) - CD AS PONTES 2