RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados en ANOSACANTEIRA feminina, este domingo con triunfo do Orzán SD Xuvenil en Primera Autonómica

A alerta meteorolóxica provocada pola borrasca Ingrid motivou a suspensión de 2 encontros previstos este sábado 24 en ANOSACANTEIRA feminina: o do Orzán SD Cadete fronte á SCD Milagrosa e o do Orzán SD Infantil A ante o Victoria CF.

Este domingo 25 de xaneiro si se xogarán os outros 2 choques.

En Primera Autonómica o Orzán SD Xuvenil impúxose ao Xallas FC (1-0) na Torre e suma 9 puntos na 15ª posición da táboa.

E no grupo 2º da Liga Galega infantil o Orzán SD Infantil B empatou (1-1) na súa visita ao SCD Pastoriza.

Finalmente tiveron descanso esta fin de semana o Dépor ABANCA B e o Orzán SD Sub-21.

O filial deportivista chegou a este parón na 11ª posición da Segunda Federación con 15 puntos e coa alegría da convocatoria das canteirás Lucía Rivas e Redru, xa en dinámica do primeiro equipo, para uns adestramentos coa selección española sub-19.

Os resultados foron os seguintes:

Primera Autonómica
15ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL 1 (Carmen Couto) - XALLAS FC 0

Liga Galega cadete
13º xornada: ORZÁN SD CADETE - SCD MILAGROSA, aprazado

Liga Galega infantil
Grupo 1º, 13º xornada: ORZÁN SD INFANTIL A - VICTORIA CF, aprazado

Grupo 2º, 13º xornada: SCD PASTORIZA 1 - ORZÁN SD INFANTIL B 1 (Claudia García)