Mañá domingo 10 de marzo sobresae en #ANOSACANTEIRA o encontro do Deportivo ABANCA B ante o Sárdoma CF en Abegondo (16:30), de Tercera Federación FutFem.
Óscar Orro citou ás seguintes xogadoras: Martina Rivas, Nuria Gómez, María Calvo, Lucía Mariño, Celia Sousa, Paula Novo, Sara Cercido, Laura Testa, Macarena González, Paula Monteagudo, Laura Otero, Michi Apóstol, Noela e Elena López 'Cusi'; ademais de Noelia Mayo, Laura Santos e Ana Capelo, xuvenís do Orzán SD; e Emma Gandoy, cadete do Orzán SD.
Elena Vázquez, que descansará neste partido, está convocada coa selección española sub-17 para disputar a Rolda 2 de clasificación para o Campionato de Europa, do 11 ao 21 deste mes de marzo en Países Baixos.
A canteirá acaba de chegar duns adestramentos con este mesmo combinado nacional en Madrid, acompañada pola tamén deportivista Lucía Rivas.
Ás 18:00, o Orzán SD Xuvenil Femenino visita á SD Tordoia mentres que o Orzán SD B sub-16 Femenino ao Silva SD na Grela 1.
A gardameta orzanista Antía Veiga está concentrada coa selección española sub-16 para o Torneo Desarrollo UEFA que se xogará en Irlanda do Norte desde mañá domingo ao venres 15 de marzo.
Completa a xornada do domingo o choque do Alevín ante o Racing de Ferrol na Cidade Deportiva (10:30 horas), da 3ª xornada do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11; e o do Fabril FC Benxamín, xa campión do seu grupo de fútbol 8, en Eirís ante o Atlético Arteixo.
Hoxe sábado destacou o partido do Fabril (na foto da noticia) na Magdalena ante o Racing Villalbés.
Os branquiazuis afrontaban o choque ante un rival directo coa inxección de enerxía que supuxo o triunfo en Zamora no último minuto a pasada fin de semana.
Con todo foron os racinguistas os que levaron os 3 puntos (1-0), mellor adaptados ás condicións adversas da Magdalena con moita choiva, vento e un mal estado do céspede.
Gañaron en Abegondo o Xuvenil B, líder da Liga Nacional, ao UD Ourense (8-0); e o Infantil, á fronte da División de Honra, ao potente ED Val Miñor Nigrán, 3º na táboa (2-1).
Tamén competiron como locais, ademais do Benxamín A, o Orzán SD Cadete Femenino (7-0) ante o Escuela FB Amistade; e o Orzán SD Infantil B Femenino (0-5) ante o Orzán SD Infantil A Femenino.
En Vigo, o San Tirso SD Cadete caeu ante o RC Celta (4-0); e o San Tirso SD Infantil empatou co CD Areosa (1-1) cun tanto de Íker Obeso case sobre o asubío final.
Onte venres tamén se xogou un partido en #ANOSACANTEIRA.
O Cadete impúxose (0-1) ao CD Conxo Santiago con gol de Balbas. O conxunto deportivista mantense á fronte da División de Honra cunha clara vantaxe.
Dous equipos branquiazuis abriron o pasado mércores o calendario da semana.
O Fabril FC Alevín venceu en San Pedro de Visma (0-9) ao Imperátor OAR en partido correspondente á 17ª xornada disputada na súa totalidade a pasada fin de semana e amarrou matematicamente a segunda posición do subgrupo 1º da Primera A Coruña de fútbol 8.
Os fabrilistas acaban de regresar de Macedonia do Norte após proclamarse subcampións do Torneo conmemorativo do 20 Aniversario do FC Kumanovo, club da cidade de Kumanovo, segunda en importancia do país balcánico.
Así mesmo, o Benxamín A superou en Abegondo (3-0) ao Victoria CF en choque da 16ª xornada do subgrupo 1º da Primera A Coruña de fútbol 8 suspendido o pasado 24 de febreiro.
Con este resultado, e a falta dunha última xornada disputada hoxe sábado, os branquiazuis proclamáronse campións de grupo.
Non ten competición esta fin de semana o Xuvenil A debido á disputa da Fase Final da Copa del Rey.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Categoría feminina
Tercera Federación FutFem, 22ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - SÁRDOMA CF, mañá domingo 10 de marzo ás 16:30 en Abegondo
Primera Autonómica, 21ª xornada: SD TORDOIA - ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO, mañá domingo 10 de marzo ás 18:00 na Rega (Tordoia)
Segunda Autonómica, subgrupo 1º, 21ª xornada: SILVA SD - ORZÁN SD B SUB-16 FEMENINO, mañá domingo 10 de marzo ás 18:00 na Grela 1 (A Coruña)
Liga Galega cadete, 21ª xornada: ORZÁN SD CADETE FEMENINO 7 (Noa Fariña -2-, Valeria Montero -2-, Daniela Macedo -2- e Sofía Rodríguez) - ESCUELA FB AMISTADE 0
Liga Galega infantil, subgrupo 1º, 21ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B FEMENINO 0 - ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO 5 (Marta Moreno -2-, Nerea Cruz -2- y Uxía Fariña)
Segunda Federación
26ª xornada: RACING VILLALBÉS 1 - FABRIL 0
Categoría xuvenil
Liga Nacional, 25ª xornada: XUVENIL B 8 (Daniel -2-, Rubén -3-, José Rey, Nico e Héctor)- UD OURENSE 0
Categoría cadete
División de Honra, 23ª xornada: CD CONXO SANTIAGO 0 - CADETE 1 (Balbas)
División de Honra, 23ª xornada: RC CELTA 4 - SAN TIRSO SD CADETE 0
Categoría infantil
División de Honra, 21ª xornada: INFANTIL 2 (Raúl e Sergio Cortizo) - ED VAL MIÑOR NIGRÁN 1
División de Honra, 21ª xornada: CD AREOSA 1 - SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Íker Obeso)
Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, grupo norte, 3ª xornada: ALEVÍN - RACING DE FERROL, mañá domingo 10 de marzo ás 10:30 en Abegondo
Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 17ª xornada (mércores 6): IMPERÁTOR OAR 0 - FABRIL FC ALEVÍN 9 (Hugo Quintela -3-, Thiago López -2-, Miguel Candal -2-, Alejandro Astray e Hugo Álvarez)
Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 18ª xornada (última): FABRIL FC ALEVÍN - ALEVÍN A, o mércores 12 de marzo ás 18:45 en Abegondo
Categoría benxamín
Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 16ª xornada (mércores 6): BENXAMÍN A 3 (Mateo Songo'o, Álex Casado e Yago Prieto) - VICTORIA CF 0
Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 18ª xornada (última): BENXAMÍN A 15 (Adrián Liñares -5-, Alberto Novo -3-, Yago Prieto -2-, Antón Fernández, Mateo Cardelle, Leo Lorenzo, Mateo Songo'o e Breogán Díaz) - CF DEPORTIVO ORZÁN 0
Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 2º, 18ª xornada (última): FABRIL FC BENXAMÍN - ATLÉTICO ARTEIXO, mañá domingo 10 de marzo ás 10:00 en Eirís
