A fin de semana en #ANOSACANTEIRA tivo citas hoxe sábado en Torrelavega (Infantil), Azpeitia (Orzán SD Infantil Feminino), Valdoviño (Orzán SD Cadete Feminino), Carballo (Alevín), A Coruña (Fabril FC Alevín), Ribadumia (Benxamín A) e A Estrada (Fabril FC Benxamín).
Destacou o Orzán SD Cadete Feminino, primeiro clasificado en Valdoviño; e o Fabril FC Alevín, segundo en Elviña.
Pola súa banda, o Xuvenil B concluíu o xoves o Torneo Ourense Provincia Termal, no que se mediu ao RC Celta e Real Madrid.
Un equipo infantil xa está en oitavos de final do Torneo San Bernabé (Torrelavega)
Un equipo infantil do Dépor compite no Torneo San Bernabé en Torrelavega (Cantabria), competición na que participaron xa cadetes, alevíns e benjamines do Club.
O conxunto branquiazul mediuse en Primeira Fase ao CD Marina Sport, Real Sporting de Gijón, CD Revilla e SD Indautxu; e mañá domingo enfróntase ao CD Amistad Sniace en oitavos de final.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Primeira Fase
Venres 17 de xuño
INFANTIL 6 (Uxío -2-, Trigo, Mauro, Sergio e Roi) - CD MARINA SPORT 0
Sábado 18 de xuño
INFANTIL 0 - REAL SPORTING DE GIJÓN 1
INFANTIL 5 (Borja, Trigo, Alberto e Roi -2-) - CD REVILLA 0
INFANTIL 2 (Iker e Borja) - SD INDAUTXU 0
Domingo 19 de xuño
Oitavos de final
12:00: INFANTIL - CD AMISTAD SNIACE
O Orzán SD Infantil Feminino, á Fase Final da Azpeitia Cup 2022
O Orzán SD Infantil Feminino, vixente campión galego, participa na Azpeitia Cup 2022 desde onte venres 17 de xuño.
Real Betis A, CD Leganés, CD Sanse, Basauriko Kimuak FK e Ezkurdi KT B foron os rivais iniciais das orzanistas, que pasaron á fase final de mañá domingo como segundas de grupo.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Primeira Fase
Venres 17 de xuño
ORZÁN SD INFANTIL FEMININO 1 (Ánxela Prado) - BASAURIKO KIMUAK FK 1
Sábado 18 de xuño
REAL BETIS A 0 - ORZÁN SD INFANTIL FEMININO 0
CD SANSE 1 - ORZÁN SD INFANTIL FEMININO 4 (Ánxela Prado, Cláudia, Valeria e Sofía Rodríguez)
EZKURDI KT B 0 - ORZÁN SD INFANTIL FEMININO 3 (Daniela Macedo -2- e unha futbolista rival en propia porta)
ORZÁN SD INFANTIL FEMININO 0 - CD LEGANÉS 0
Domingo 19 de xuño
Segunda Fase
10:00: ORZÁN SD INFANTIL FEMININO - MÁLAGA CF
11:00: ORZÁN SD INFANTIL FEMININO - MULLER FC
O Orzán SD Cadete Feminino conquista o Torneo Amistade Meirás
O Orzán SD Cadete Feminino (foto principal), vixente campión galego, xogou hoxe sábado 18 de xuño o Torneo Amistade Meirás no campo de Mourente (Valdoviño).
As orzanistas medíronse en Primeira Fase ao Atlántida Matamá, SCD Milagrosa e Escuela de Fútbol Silleda; eliminaron ao Eirís SD e Atlántida de Matamá en cuartos e semifinais respectivamente; e impuxéronse na final ao EFB Amistade Meirás.
Os resultados do Orzán SD Infantil Feminino foron os seguintes:
Primeira Fase
ORZÁN SD CADETE FEMININO 2 (Ana Capelo e Santos) - SCD MILAGROSA 0
ORZÁN SD CADETE FEMININO 9 (Sara -4-, Moreno -2-, Noe Mayo, Maca e Noelia Furelos) - EF SILLEDA 0
ORZÁN SD CADETE FEMININO 0 - ATLÁNTIDA MATAMÁ 1
Cuartos de final
ORZÁN SD CADETE FEMININO (Ana Capelo -2-, Antia Brage e Noe Mayo) - EIRÍS SD 0
Semifinal
ORZÁN SD CADETE FEMININO 2 (Ana Capelo e Daniela Basalo) - ATLÁNTIDA DE MATAMÁ 0
Final
ORZÁN SD CADETE FEMININO 2 (Antía Brage e Uxía López) - EFB AMISTADE DE MEIRÁS 1
Clásica presenza do Alevín A en Carballo
Como é tradicional cada mes de xuño, o Alevín A participa no torneo Concello de Carballo que se disputa nas Eiroas desde hoxe sábado coa modalidade de fútbol 7.
O calendario de partidos do Alevín A, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Primeira Fase
Sábado 18 de xuño
ALEVÍN A 0 - REAL SPORTING DE GIJÓN 1
ALEVÍN A 3 (Sergio -2- e Nicolay) - CD LUGO 3
ALEVÍN A 1 (Sergio) - PABELLÓN OURENSE CF 3
ALEVÍN A 6 (Sergio -3- e Iago Lameiro 3) - SELECCIÓN COSTA DA MORTE 0
RC CELTA 3 - ALEVÍN A 1 (Lucas Vázquez)
Domingo 19 de xuño
10:00: ALEVÍN A - ED LUIS CALVO SANZ
O catro primeiros xogarán as semifinais, a partir das 11:45 horas.
Segundo posto para o Fabril FC Alevín no Torneo Epifanio Campo
O Fabril FC Alevín logrou a segunda posición hoxe sábado 18 de xuño na I edición do Memorial Epifanio Campo, que se celebrou no campo coruñés de Elviña.
O cadro fabrilista quedou encadrado no grupo B, co Montañeros B CF, ED Xuventude de Oroso e Pabellón Ourense CF. Após superar esta fase e derrotar ao ED Val Miñor e ED Xuventude de Oroso en cuartos de final e semifinais respectivamente, o Fabril FC Alevín non puido co RC Celta na final.
Os resultados do Fabril FC Alevín foron os seguintes:
Primeira Fase
FABRIL FC ALEVÍN 2 (Hugo Caridad e Javi Barral) - ED XUVENTUDE DE OROSO 0
PABELLÓN OURENSE CF 0 - FABRIL FC ALEVÍN 3 (Iker Obeso, Mario González e Thiago Montes)
FABRIL FC ALEVÍN 5 (Miki, Thiago Montes, Mario González, Manu Alcázar e Javi Barral) - MONTAÑEROS B CF 0
Cuartos de final
FABRIL FC ALEVÍN 2 (Thiago Montes e Mario González) - ED VAL MIÑOR 0
Semifinal
FABRIL FC ALEVÍN 5 (Iker Obeso -2-, Nico Torres, Leo Sánchez e Daniel Alonso) - ED XUVENTUDE DE OROSO 0
Final
FABRIL FC ALEVÍN 0 - RC CELTA 3
Novo test para o Benxamín A, esta vez en Ribadumia
O Benxamín A, que a pasada fin de semana xogou en Polonia, ten desde hoxe sábado un interesante test na II edición da Copa Ribadumia Clae Viaxes, nas instalacións da Senra.
O conxunto branquiazul quedou encadrado na Primeira Fase no grupo G, co Alba de Tormes CF, Atlético Perines, SD Burela e EDC Xinzo.
O calendario do Benxamín A, cos resultados dos partidos xogados, é o seguinte:
Primeira Fase
Sábado 18 de xuño
ALBA DE TORMES CF 0 - BENXAMÍN A 7 (Hugo Macedo -2-, Nacho Villanueva -2-, Álvaro Gómez -2- e Andrés)
BENXAMÍN A 0 - ATLÉTICO PERINES 0
BENXAMÍN A 3 (Nacho Villanueva, Hugo Macedo e Hugo Pousa) - SD BURELA 0
BENXAMÍN A 4 (Nacho Villanueva, Martín López, Álvaro Gómez e Andrés) - EDC XINZO 0
Domingo 19 de xuño
9:30: BENXAMÍN A - CLUB FDE
Os dous primeiros de grupo xogarán a Fase polo Título e o terceiro disputará unha Fase de Consolación.
O Fabril FC Benxamín acaba oitavo na Estrada
O Fabril FC Benxamín (na foto sobre estas liñas) participou hoxe sábado 18 de xuño na V edición do Torneo Concello da Estrada, torneo que se disputou no Novo Municipal da Estrada.
Os fabrilistas acabaron o torneo en oitava posición e seguen acumulando experiencia.
Os resultados do Fabril FC Benxamín foron os seguintes:
Primeira Fase
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Hugo Bujía e Neo) - ED VAL MIÑOR 1
REAL SPORTING DE GIJÓN 2 - FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Miguel Candal)
Segunda Fase
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Mateo Carballeira e Álvaro Rodríguez) - ED XUVENTUDE DE OROSO 1
FABRIL FC BENXAMÍN 0 - REAL MADRID 3
Cuartos de final
FABRIL FC BENXAMÍN 0 - RC CELTA 2
Fase de Consolación
FABRIL FC BENXAMÍN 0 - SPORTING BRAGA 1
FABRIL FC BENXAMÍN 0 - ED VAL MIÑOR 0. A penaltis: 1-2
Finalizou a participación do Xuvenil B no Torneo Ourense Provincia Termal
O Xuvenil B, subcampión da Liga Nacional, concluíu a temporada 2021-22 coa disputa do torneo Ourense Provincia Termal, competición amigable que se desenvolve ao longo desta semana no campo de fútbol Miguel Ángel (Ourense).
O conxunto branquiazul mediuse ao RC Celta e ao Real Madrid na Primeira Fase.
O mércores, o Xuvenil B caeu (3-2) cos célticos nun partido de alternativas e resolto nos minutos finais.
E o xoves, os deportivistas non puideron co Real Madrid (1-3); marcador que apeou ao Xuvenil B das semifinais.
Os resultados do Xuvenil B foron os seguintes:
Primeira Fase
Mércores 15 de xuño
RC CELTA 3 - XUVENIL B 2 (Marco Baña e Mardones)
Xoves 16 de xuño
XUVENIL B 1 (Pablo Parada) - REAL MADRID 3
