RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados hoxe sábado en ANOSACANTEIRA e calendario de mañá domingo, con partidos en ABANCA-RIAZOR, Abegondo, Santiago e Coles

A visita do Pontevedra CF, líder da Segunda Federación, ao Fabril, mañá domingo 2 de febreiro ás 12:00 (YouTube RC Deportivo) é o partido máis interesante do fín de semana en ANOSACANTEIRA.

Ambos os equipos veñen dunha fin de semana sen fútbol posto que os seus partidos da pasada xornada foron suspendidos polo temporal.

Manuel Pablo confirmou as baixas de Aarón, Luisao e Noe Carrillo, este operado onte no Hospital Universitario Quironsalud La Luz de Madrid dunha rotura no tendón proximal do bíceps femoral da súa perna esquerda.

O Club mantén activo o protocolo de apertura con rexistro de asistentes de ABANCA-RIAZOR para o partido.

Poden retirar entradas, en principio para Tribuna Inferior, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre na bancada e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.

Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.

Tamén está habilitado simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es  e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.

Completa a xornada dominical a visita do Xuvenil Á a SD Compostela ás 16:00 en Santa Isabel.

Os branquiazuis veñen de caer inxustamente nos oitavos de final da Copa del Rey (1-0) en Lezama ante o Athletic Club.

Pecha o calendario o choque do Xuvenil B en Abegondo (11:15) ante o CVC Valladares de Vigo correspondente á Liga Nacional e o do San Tirso SD Cadete en Coles ante o UD Ourense (12:30).

Antes, hoxe sábado 1 de febreiro, ademais dos alevíns e benxamíns, o Cadete venceu en Abegondo ao UD Santa Mariña (3-1) e o San Tirso SD Infantil caeu no Monte fronte ao CD Lugo (1-3).

Fóra de casa o Infantil, á fronte da División de Honra con 1 punto de vantaxe sobre o segundo clasificado, superou ao Arosa SC (1-6).

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda Federación
21ª xornada: FABRIL - PONTEVEDRA CF, mañá domingo 2 de febreiro ás 12:00 en ABANCA-RIAZOR

Categoría xuvenil
División de Honra, 19ª xornada: SD COMPOSTELA - XUVENIL A, mañá domingo 2 de febreiro ás 16:00 en Santa Isabel

Liga Nacional, 19ª xornada: XUVENIL B - CVC VALLADARES, mañá domingo 2 de febreiro ás 11:15 en Abegondo (campo 4)

Categoría cadete
División de Honra, 19ª xornada: CADETE 3 (Elías, Gael e Roi) - UD SANTA MARIÑA 1
División de Honra, 19ª xornada: UD OURENSE - SAN TIRSO SD CADETE, mañá domingo 2 de febreiro ás 12:30 no campo de Albán (Coles, Ourense)

Categoría infantil
División de Honra, 17ª xornada: AROSA SC 1 - INFANTIL 6 (Iago Álvarez, Jaime, Thiago Montes -2-, Leo Sánchez e un futbolista rival en propia meta)
División de Honra, 17ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Yoel Darriba) - CD LUGO 3

Categoría alevín
Primera A Coruña de fútbol 8, 13ª xornada: URAL ESPAÑOL CF 0 - ALEVÍN A 3 (Hugo Álvarez -2- e Lucas Albor)
Primera A Coruña de fútbol 8, 13ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN 3 (Enzo Fernández, Adrián Liñares e Andrés Santiago) - CD CALASANZ 0

Categoría benxamín
Primera A Coruña de fútbol 8, 13ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 1 - BENXAMÍN A 7 (Martín Coronel -2-, Nico Castro -3-, David Santiago e Leo Galbán)
Primera A Coruña de fútbol 8, 13ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN 8 (Tomás Sánchez -4-, Ian Lata -2-, Hugo Rey e Anxo Español) - OZA JUVENIL SD 0