Ademais do encontro do Fabril FC Alevín na Torre ante o Silva SD correspondente ao subgrupo 1º de Primera A Coruña de fútbol 8, no calendario de mañá domingo en #ANOSACANTEIRA figuran os partidos dos 'orzanes': o Orzán SD Xuvenil Femenino de Primera Autonómica ás 16:00 na Torre; o Orzán SD B sub-16 Femenino de Segunda Autonómica ás 19:00 en Frades; e o Orzán SD Infantil A Femenino de Liga Galega ás 12:00 en San Pedro de Visma 1.
Hoxe sábado xogáronse 11 partidos con representación deportivista.
Co Alevín A e os dous equipos benxamíns vencedores na Torre, o Fabril (na foto da noticia) caeu (1-0) no Novo Ganzábal ante o UP Langreo.
Foi baixa Kevin Sánchez, concentrado coa selección española sub-19 en Georgia nun torneo de clasificación para o Campionato de Europa.
Óscar Gilsanz tampouco puido contar con Martín Ochoa, Jairo, Rubén e Marc, citados por Imanol Idiakez para viaxar co Dépor a Tarazona; nin cos lesionados Quique Teijo, Diego Gómez, Ángel Puerto e Álex Pereira, estes dous últimos debido a lesións musculares.
Decidiu o encontro un tanto do ex canteirán Iago Novo no minuto 50 nun partido no que o filial quedou sen capacidade de reacción.
Ademais en Abegondo, o Xuvenil B, líder destacado da Liga Nacional, venceu ao AJ Lérez (4-0); e o Infantil, á fronte da División de Honra, ao Arosa SC (3-1).
Tamén como locais, o San Tirso SD Cadete non puido no Monte co Ural Español CF (2-4) nin acto seguido o San Tirso SD Infantil co ED Val Miñor Nigrán (0-2). A maiores, o Orzán SD Infantil B Femenino sumou no campo Víctor Fernández Alonso (A Coruña) ante o AD Cristo Rey (1-1) o seu cuarto punto da temporada.
Como visitante gañou o Cadete o seu encontro ante o Racing de Ferrol (1-4) para seguir á fronte da División de Honra.
O triunfo do Orzán SD Cadete Femenino o pasado xoves 16 de novembro ante a Santa Cruz CF (0-6), en partido correspondente á 8ª xornada da Liga Galega que foi aprazada no seu día polo temporal, abriu o calendario de partidos.
Este mesmo equipo repetiu partido de liga esta tarde coa visita (0-14) ao Bergantiños CF nas Eiroas, xa pertencente á 10ª xornada.
Descansan a fin de semana o Dépor ABANCA B e o Xuvenil A, con parón ligueiro.
Finalmente, varias xogadoras de ANOSACANTEIRA estás convocadas coa selección galega sub-17 para un partido amigable o vindeiro martes 21 de novembro ás 19:15 no campo de Chaín (Gondomar): Elena Vázquez, Lucía Rivas, Maca González e Sara Cercido, do Deportivo ABANCA B; e Emma Gandoy, Laura Santos, Noa Fariña e Noelia Mayo, do Orzán SD.
O mércores 22 ás 17:00 a quenda será para a selección galega sub-15 no campo da Braña (Rois), con motivo dun adestramento, con estas orzanistas citadas: Antía Veiga, Claudia Sande e Daniela Macedo.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Categoría feminina
Primeira Autonómica, 10ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO - VICTORIA CF B, mañá domingo 19 de novembro ás 16:00 na Torre (campo 1)
Segunda Autonómica, 10ª xornada: SE ABELLÁ SDEC - ORZÁN SD B SUB-16 FEMENINO, mañá domingo 19 de novembro ás 19:00 no campo de O Vedral (Abellá, Frades)
Liga Galega, subgrupo 1º, 8ª xornada (xoves 16): SANTA CRUZ CF 0 - ORZÁN SD CADETE FEMENINO 6 (Candela González -2-, Lucía González, Yanis Citoula, Alexia Freire e Daniela Macedo)
Liga Galega, subgrupo 1º, 10ª xornada: BERGANTIÑOS CF 0 - ORZÁN SD CADETE FEMENINO 14 (Martina Vázquez, Yanis Citoula, Candela González, Lucía González -2-, Valeria Montero -2-, Sofía Milhem -4-, Sofía Rodríguez, Naiara Fontenla e Daniela Macedo)
Liga Galega, subgrupo 1º, 10ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO - ANTAS SD, mañá domingo 19 de novembro ás 12:00 en San Pedro de Visma (campo 1)
Liga Galega, subgrupo 1º, 10ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B FEMENINO 1 (Claudia Casas) - AD CRISTO REY 1
Segunda Federación
12ª xornada: UP LANGREO 1 - FABRIL 0
Categoría xuvenil
Liga Nacional, 12ª xornada: XUVENIL B 4 (Hugo Torres, Héctor -2- e Rubén) - AJ LÉREZ 0
Categoría cadete
División de Honra, 10ª xornada: RACING DE FERROL 1 - CADETE 4 (Íker Fernández, Janusz, Trillo e Diego)
División de Honra, 10ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE 2 (Héctor e Gael) - URAL ESPAÑOL CF 4
Categoría infantil
División de Honra, 9ª xornada: INFANTIL 3 (Raúl -2- e Sergio Cortizo) - AROSA SC 1
División de Honra, 9ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL 0 - ED VAL MIÑOR NIGRÁN 2
Categoría alevín
Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 5ª xornada: IMPERATOR OAR 0 - ALEVÍN A 13 (Enzo Bértoa -2-, Sergio Fernández -2-, Nacho Villanueva -2-, Brais Martínez -2-, David Gómez, Álvaro Gómez, Joel Puñal, Hugo Macedo e Jorge Fernández)
Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 5ª xornada: SILVA SD - FABRIL FC ALEVÍN, mañá domingo 19 de novembro ás 10:00 na Torre (campo 1.1)
Categoría benxamín
Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 5ª xornada: BENXAMÍN A 14 (Mateo Songo'o -4-, Diego Castelo -3-, Alberto Novo -3-, Álex Casado -2-, Adrián Liñares e Leo Lorenzo) - COMPAÑÍA DE MARÍA 0
Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 5ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN 6 (Martín Martelo -2-, Leo Galván -2-, Martín Coronel e Nico Castro) - BETANZOS CF 2