RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados hoxe sábado en ANOSACANTEIRA e calendario para mañá domingo, co Fabril e o Xuvenil A ás 12:00 en Abegondo

Dous partidos mañá domingo ás 12:00 en Abegondo son os pratos fortes da xornada en #ANOSACANTEIRA.

O Fabril recibe á Arandina CF (Youtube RC Deportivo, TVG-2), en choque correspondente á 4ª xornada en Segunda Federación. 

Óscar Gilsanz conta coas baixas de Hugo Ríos e Quique Teijo, ambos lesionados; pero si poderá dispoñer de Jairo, Diego Gómez e Matías Castillo.

O Club mantén activo o protocolo de apertura con rexistro de asistentes da Cidade Deportiva.

Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar aforamento e sen ningún custo adicional, os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre na bancada e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.

Con eses mesmos datos doutros socios e socias, unha única persoa pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.

O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aquelas persoas socias que vaian poder acudir ao partido, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición do aforamento nun proceso 100% telemático.

Está habilitado simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.

Tamén mañá domingo o Xuvenil A mídese ao Real Racing Club, un dos fanfurriñeiros da División de Honra. Os branquiazuis chegan ao choque co impulso do empate (2-2) da pasada fin de semana en Vigo en #ONOSODERBI.

Ademais, xoga tamén en casa o San Tirso SD Infantil, que se enfronta ao RC Celta (12:00) na División de Honra. Nos 'verdes', Álex Martínez, Antón, Hugo Ferreiros e Gandarela están convocados para uns adestramentos da selección galega sub-14 (zona norte) en Curtis o mércores 27 ás 17:30.

Fóra de casa, o Orzán SD Xuvenil Femenino visita ao ED Escuela Amistade (18:00 en Valdoviño) e o Orzán SD B sub-16 Femenino ao SCD Pastoriza (16:30 en Pastoriza).

Finalmente, o Fabril FC Alevín compite no Memorial Manolo Carrera na localidade ourensá de Velle, torneo no que hoxe sábado o Fabril FC Benxamín (na foto da noticia) logrou a medalla de bronce.

Hoxe o partido estrela foi o do Deportivo ABANCA B, que goleou (5-0) en Abegondo ao CD Lugo. As branquiazuis suman 9 puntos de 9 posibles, situadas na cabeza da clasificación de Tercera Federación FutFem (antiga Primera Nacional).

Óscar Orro, técnico deportivista, puido contar coas canteirás que están habitualmente en dinámica do primeiro equipo como Paula Monteagudo, Elena Vázquez ou Carmen Carballada, as tres titulares.

Ademais, o Cadete venceu ao Ural Español CF (0-5) e o San Tirso SD Cadete caeu no Monte co ED Xuventude de Oroso (0-1). 

Os deportivistas Íker Fernández, Janusz, Nico, Pablo García, Rodrigo e Yago; e Gael, Mauro e Samba por parte dos 'verdes' están citados para un adestramento o martes 26 no Municipal da Estrada coa selección galega sub-16.

A xornada completouna o Infantil en Abegondo (6-1) ante o EF Portero 2000; e a participación do Alevín A, subcampión; e Benxamín A, campión, no Torneo Aniversario do UD Santa Mariña en Cotogrande (Vigo).

No conxunto infantil deportivista, Daniel, Eder, Esteban, Iago Varela, Lucas López, Miguel, Nikolay, Raúl e Sergio Cortizo están citados para uns adestramentos da selección galega sub-14 (zona norte) o mércores 27 de setembro en Curtis.

O partido de Liga Nacional entre o Xuvenil B e o Pontevedra CF onte venres 22 en Abegondo abriu o calendario de partidos en #ANOSACANTEIRA, nunha fin de semana no que entraron en xogo hoxe sábado en casa o Orzán SD Infantil A Femenino (8-1 ao UC Cee) e Orzán SD Infantil B Femenino (0-10 fronte ao Victoria CF), ambos os casos no grupo 1º da liga Galega.

Os pupilos de Miguel Figueira, vixentes campións, venceron (3-0) a un aspirante ao ascenso á División de Honra e suman así 3 triunfos nos seus 3 primeiros partidos neste curso. 

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría feminina
Tercera Federación FutFem, 3ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 5 (Lucía Rivas, Elena López 'Cusi', Laura Otero -2- e Laura Testa) - CD LUGO 0

Primera Autonómica, 2ª xornada: ESCUELA FB AMISTADE - ORZAN SD XUVENIL FEMENINO, mañá domingo 14 de setembro ás 18:00 no Municipal de Mourente (Valdoviño)

Segunda Autonómica, 1ª xornada: SCD PASTORIZA - ORZÁN SD B SUB-16 FEMENINO, mañá domingo 24 de setembro ás 16:30 no Municipal de Pastoriza (Arteixo)

Liga Galega, subgrupo 1º, 1ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO 8 (Martina Vázquez, Marta Moreno, Naiara Fontenla, Claudia Sande, Carolina Lago, Lola Freire, Uxía Fariña e Bianca Ventureira) - UC CEE 1

Liga Galega, subgrupo 1º, 1ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B FEMENINO 0 - VICTORIA CF 10

Segunda Federación
4ª xornada: FABRIL - ARANDINA CF, mañá domingo 24 de setembro ás 12:00 en Abegondo

Categoría xuvenil
División de Honra, 4ª xornada: XUVENIL A - REAL RACING CLUB, mañá domingo 24 de setembro ás 12:00 en Abegondo

Liga Nacional, 3ª xornada: XUVENIL B 3 (José Rey, Rubén e Álvaro) - PONTEVEDRA CF 0

Categoría cadete
División de Honra, 3ª xornada: URAL ESPAÑOL CF 0 - CADETE 5 (Mosquera -2-, Miguel de Labra, Pablo Campo e Yago)

División de Honra, 3ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE 0 - ED XUVENTUDE DE OROSO 1

Categoría infantil
División de Honra, 2ª xornada: INFANTIL 6 (Sergio Cortizo -4-, Antón e Nico) - EF PORTERO '2000' 1

División de Honra, 2ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL - RC CELTA, mañá domingo 24 de setembro ás 12:00 no Monte

Categoría alevín
Torneo Aniversario UD Santa Mariña en Cotogrande (Vigo)
Sábado 23 de setembro
PABELLÓN OURENSE CF 0 - ALEVÍN A 1 (Nacho Villanueva)
ALEVÍN A 4 (Martín López, Álvaro Gómez, Nacho Villanueva e David Gómez) - UD SANTA MARIÑA 0
ALEVÍN A 3 (David Gómez, Nacho Villanueva e Rui Fernández)- CD LUGO 3
RC CELTA 2 - ALEVÍN A 0

Con estes resultados, o Alevín A quedou subcampión, só superado polo RC Celta

Amigable, xoves 21: ATLÉTICO ARTEIXO 3 - FABRIL FC ALEVÍN 2 (Hugo Álvarez e Miguel Candal)

XI Memorial Manolo Carreira en Monte da Aira (Velle, Ourense)
Domingo 24 de setembro
Primeira Fase
10:40: FABRIL FC ALEVÍN - XINZO CF (campo 1)
11:20: EQUIPO DA FASE PREVIA - FABRIL FC ALEVÍN (campo 1)
12:40: FABRIL FC ALEVÍN - CD BARCO (campo 1)
Os dous primeiros de grupo pasan a cuartos de final e os outros dous equipos xogarán unha Fase de Consolación, a partir das 15:30

Categoría benjamín
Torneo Aniversario UD Santa Mariña en Cotogrande (Vigo)
Sábado 23 de setembro
PABELLÓN OURENSE CF 0 - BENXAMÍN A 3 (Andrés Valencia, Antón Fernández e Mateo Songo'o)
BENXAMÍN A 4 (Alberto Novo, Leo Lorenzo -2- e Mateo Songo'o) - UD SANTA MARIÑA 1
BENXAMÍN A 8 (Álex Casado -3-, Antón Fernández -2-, Andrés Valencia, Diego Castelo e Breogán Díaz) - ACADEMIA TECNIFICAT 0
RC CELTA 2 - BENXAMÍN A 2 (Alberto Novo e Mateo Songo'o)

O Benxamín A proclamouse campión do torneo. Empatou a puntos co RC Celta pero tivo mellor diferenza de goles

XI Memorial Manolo Carreira en Monte da Aira (Velle, Ourense)
Sábado 23 de setembro
FABRIL FC BENXAMÍN 3 (Leo Galbán, Martín Coronel e Martín Martelo) - VERÍN CF 0
CD BARCO 0 - FABRIL FC BENXAMÍN 4 (Martín Coronel -2-, Brais Iglesias e Yoel Losada)
FABRIL FC BENXAMÍN 5 (Leo Galbán -2-, César Lodeiro, Yoel Losada e Leo Barros) - CD ARENTEIRO 0

Cuartos de final
FABRIL FC BENXAMÍN 4 (Leo Galbán, Martín Martelo, Yoel Losada e César Lodeiro) - CD A PURÍSIMA 0

Semifinal
FABRIL FC BENXAMÍN 0 - ED OURENSE 0. A penaltis: 3-4

Terceiro e cuarto posto
FABRIL FC BENXAMÍN 4 (Yoel Losada -2- e Martín Coronel -2-) - VERÍN CF 0