RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Vitorias hoxe mércores do Cadete en Santiago e do Infantil en Abegondo; e calendario deste xoves, coa atención en Ponferrada

Varios partidos xóganse entre semana en ANOSACANTEIRA, concretamente hoxe mércores 2.

O Cadete (na foto superior) venceu por 0-4 ao CD Conxo Santiago no campo da Merced na penúltima xornada da División de Honra, con goles de Guille, Roi e Elías Trigo -2-.

Con este resultado, os branquiazuis, a falta de 1 partido, suman 92 puntos na 2ª posición polo 94 do líder, o RC Celta.

Na última xornada, os deportivistas reciben en Abegondo á SD Compostela e os célticos, ao ED Xuventude de Oroso. 

Ademais, o Infantil (na foto inferior) concluíu a liga con triunfo (8-0) en Abegondo ante o Victoria CF e como subcampión da División de Honra.

Os deportivistas gañaron 26 partidos, empataron 2 e perderon 2; con 120 goles marcados e 31 recibidos.

Mañá xoves 29 a atención pasa ao Toralín de Ponferrada. O Xuvenil A enfróntase ao Real Betis a partir das 20:00 na primeira semifinal, que curiosamente se xoga de segunda, da Copa de Campións.

O partido poderase seguir en RFEF.es e nas redes sociais da Federación Española.

O vencedor medirase o domingo 1 de xuño ás 12:00 no mesmo escenario á Valencia CF, que esta tarde apeou ao Real Madrid CF.

Así mesmo en Abegondo, o San Tirso SD Infantil afronta o seu último partido de liga da División de Honra ante o AJ Lérez ás 19:00 no campo de herba sintética de Abegondo.

Xa a fin de semana, o Xuvenil B recibe ao RC Celta B, o sábado 31 de maio ás 17:00 (YouTube RC Deportivo), no último partido da Liga Nacional.

Os branquiazuis avantaxan en 1 punto aos celestes á fronte da táboa.

Finalmente onte martes 27 de maio o San Tirso SD Cadete, 4º na División de Honra, venceu por 2-1 ao Escola de Fútbol DSF no campo Penedo Redondo de Salceda de Caselas.

Os 'verdes' están a asinar unha gran campaña e afiánzanse na táboa, só superados por Dépor, Celta e ED Val Miñor Nigrán.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría xuvenil
Copa de Campións, semifinal: XUVENIL A - REAL BETIS, mañá xoves 29 de maio ás 20:00 no Toralín

34ª xornada (última): XUVENIL B - RC CELTA B, o sábado 31 de maio ás 17:00 en Abegondo
Clasificación: 1. Xuvenil B, 83 puntos; 2. RC Celta B, 82 puntos; 3. Racing de Ferrol, 70 puntos...

Categoría cadete
33ª xornada: CD CONXO SANTIAGO 0 - CADETE 4 (Guille, Roi e Elías Trigo -2-)
33ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE 2 (Dani López e Dani Fructuoso) - ESCOLA DE FÚTBOL DSF 1
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 94 puntos; 2. Cadete, 92 puntos; 3. ED Val Miñor Nigrán (un partido menos), 66 puntos; 4. San Tirso SD Cadete, 62 puntos; 5. SD Compostela (un partido menos), 58 puntos...

Categoría infantil
30ª xornada (última): INFANTIL 8 (Álex Vidal -4-, Íker Obeso -3- e Hugo Caridad) - VICTORIA CF 0
30ª xornada (última): SAN TIRSO SD INFANTIL - AJ LÉREZ, mañá xoves 29 de maio ás 19:00 en Abegondo (campo de herba sintética)
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 82 puntos; 2. Infantil (un partido máis), 80 puntos; 3. Pabellón Ourense CF, 64 puntos... 6. AJ Lérez, 41 puntos; 7. CD Lugo, Atlético Coruña Montañeros CF e San Tirso SD Infantil, 40 puntos; 10. CD Conxo Santiago, 38 puntos; 11. Victoria CF (un partido máis) e Arosa SC, 29 puntos...