RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

O San Tirso SD Cadete concluíu a División de Honra con derrota en Vigo pero nunha brillante 4ª posición

Os dous equipos cadetes finalizan esta semana a División de Honra e, con iso, a temporada 2024-25 en #ANOSACANTEIRA a nivel oficial.

O San Tirso SD Cadete pechou a súa campaña esta tarde con derrota por 3-2 ante o CD Areosa no campo da Xunqueira en Comesaña (Vigo).

Os 'verdes' quedaron nunha brillante 4ª posición posto que son futbolistas todos no seu primeiro ano na categoría. Sumaron 62 puntos con 19 triunfos, 5 empates e 10 derrotas; con 83 goles a favor e 63 en contra.

Ademais, no seu cadro militan os internacionais Raúl Lema ou Nikolay Dyulgerov.

Pola súa banda, o sábado 7 de maio ás 12:00 o Cadete xógase o título no seu man a man co RC Celta.

Os branquiazuis, que se miden en Abegondo á SD Compostela, son segundos na táboa con 92 puntos por 94 dos celestes, que a esa mesma hora reciben na Madroa ao ED Xuventude de Oroso.

Así pois para ser campión, o Cadete ten que gañar o seu encontro e esperar unha derrota do RC Celta.

O calendario de partidos nesta última semana de competición oficial é o seguinte:

Categoría cadete
34ª xornada (última): CD AREOSA 3 - SAN TIRSO SD CADETE 2 (Anxo -2-)
34ª xornada (última): CADETE - SD COMPOSTELA, o sábado 7 de xuño ás 12:00 en Abegondo
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 94 puntos; 2. Cadete, 92 puntos; 3. ED Val Miñor Nigrán, 69 puntos; 4. San Tirso SD Cadete (un partido máis), 62 puntos; 5. SD Compostela e Arosa SC, 58 puntos...