RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Resumo de prensa<br> Só un día antes da Valencia

Os diarios destacan a transcendencia do partido deste sábado xa que Valencia e Deportivo son aspirantes a ocupar ata o final os primeiros postos da táboa. Será un difícil partido.

La Voz de Galicia
As baixas de Mauro e Sampaio, que son unha dor de cabeza para Irureta xa que o técnico avalía o centro do campo e o diario lembra que os números son o mellor aval de Deportivo e Valencia. A esperanza de Molina de poder xogar mañá, a renovación de Naybet ata o 2005 ou os ensaios de Cúper co xogo aéreo completan a actualidade do día.

Deporte Campión
Di o Campión que Mauro é a gran dúbida e que ata hoxe non se saberá se pode xogar. As posibles opcións de recambio, a ausencia de Naybet e Sampaio, a posibilidade de que xogue Duscher. A chamada á afección para que levante ao Depor mañá, as impresións dos deportivistas sobre os de Cúper, o árbitro do partido, que estreará camiseta con publicidade e a situación da Valencia completan a actualidade da xornada.

Marca
Di o diario que Cúper ve nas bandas a clave para gañar ao Depor, que Irureta se reuniu cos seus laterais, que Mauro se descarta, que Molina espera ver ao Deportivo de Riazor, que os grandes non poden con Riazor e que levan un ano sen perder como local e que Makaay destaca o bloque da Valencia.


A Opinión
Di este diario que o Deportivo afronta con baixas o partido coa Valencia e que César Sampaio e Naybet non poderán xogar e Mauro Silva será sometido hoxe a unha proba médica. A Opinión lembra a difícil situación que atravesa o equipo che coa afección.